Estás en...




RECURSOS OCS

El conjunto de recursos documentales y referenciales del OCS están siendo catalogados y organizados en una base de datos de carácter abierto y de construcción pública dentro del proyecto de Comunidad Digital de Conocimiento del OCS. De momento, los listados siguen siendo estáticos, mientras seguimos trabajando.

Reseñas OCS

[publicar una nueva reseña]
[ver lista de reseñas]


Keen, A, 2007, The Cult of the Amateur.
Doubleday Business

Autor/-a de la reseña: Fernando Garrido Ferradanes



Imprimir esta reseña

Fernando Garrido Ferradanes
[perfil] · [e-mail] · [home]

Reseña mostrada 34 veces

Datos a partir del 02.03.2004. Reseña en el OCS desde el 23/09/2008

Da man do cambio tecnolóxico podemos ollar unha evolución ou cambio na concepción de distintas esferas que configuran a dimensión social, económica e política do ser humano. Escoitamos e falamos moito sobre un novo modelo de participación social na vida política, sobre un novo modelo de produción, pero tamén é preciso facer unha reflexión sobre a democratización de dous aspectos clave: a cultura e a produción e xeración de coñecemento.

Como tendencia, en termos de márketing, podemos apuntar ao despegue e consolidación dun nicho de negocio que xira en torno ao amateur: novas, contidos en formato texto, contidos multimedia ou mesmo contidos pornográficos. O auxe dos blogs ou de repositorios de vídeos en liña, como pode ser Youtube, son a concreción desta tendencia que vén da man do modelo chamado Web 2.0. Ao empregar este termo, tan na moda ao falar de novas tecnoloxías, queremos sinalar precisamente un cambio na percepción da rede: o usuario deixa de ser un actor pasivo para comezar a producir e xerar información, contido e coñecemento.

Esta tendencia recóllese á perfección nun recente filme de Michel Gondry, Rebobine, por favor. Os empregados dun videoclube en declive conseguen sobrevivir no sector grazas á innovación, desenvolvendo un modelo de negocio sustentado na revisión amateur de clásicos do cinema. Pode semellar un tanto histriónico, máis é unha tendencia que as grandes marcas Coca-Cola, Dove ou Movistar, por poñer exemplos de actualidade– están a aplicar nas súas campañas de comunicación e márketing.

Unha cultura, a amateur, que podemos escribir con “c” maiúsculo ou minúsculo, mais que temos que recoñecer e sobre a que temos que reflexionar, e ninguén mellor para facelo que un residente no epicentro da revolución tecnolóxica, Andrew Keen un emprendedor residente en Berkeley. A vontade deste volume é provocar, ser o primeiro en berrar que o emperador non ten roupa ningunha, o que non é outra cousa que dicir que atrás de todo isto da apropiación social da rede só hai fume tentando tapar o espolio do coñecemento e dos contidos. Un espolio do que son responsables os consumidores, os usuarios, os cidadáns.

Segundo este autor existen dous movementos dende a Rede que están a asasinar a nosa cultura. Dunha banda a democratización da produción de contidos e a súa equiparación aos contidos deseñados por aqueles que teñen acceso aos medios de produción (Hollywood, discográficas, etc). Keen critica, non só que os usuarios graven vídeos e os colguen en Youtube con gran éxito de audiencia e o modelo que está detrás desta “anécdota” (o usuario con poder), senón a propia emerxencia deste novo modelo social que inclúe un novo modelo de xestión da propiedade intelectual (Creative Commons) ou un novo modelo de xestión da información e do coñecemento (Folcsonomías e sistemas de clasificación social).

Pero tamén se sitúa nesta suposta democratización dos contidos unha cortina de fume que agocha unha crúa realidade: uns usuarios que non queren pagar por escoitar música ou mirar unha película.

En definitiva, unha visión crítica que é completamente necesaria para coñecer outras formas de mirar este importante cambio social: a provocación como xeito de xerar inquietude e reflexión arredor dunha cuestión na que aparentemente existe un elevado consenso social. Esta é a principal virtude dunha obra con múltiples defectos, entre os que, porén, non se conta a indiferenza do lector.

 

^    © Observatorio para la CiberSociedad     <