|
I Enquixa a Blogueiros Galegos Xaneiro/Marzo 2006
O traballo de campo levouse a cabo entre os meses de Xaneiro e Marzo do 2006, por medio dunha enquisa online remitida a unha mostra da blogosfera galega, cunha tasa de resposta do cuestionario do 75 %. A nosa vontade é realizar unha primeira analise dos datos, que se adxunta no informe da investigación, así como proveer de "datos primarios" á comunidade investigadora para poder traballar sobre esta temática. É por iso que tódolos ficheiros de datos das enquisas, previamente traballados, están dispoñíbeis para que cada quén poda comprobar as nosas afirmacións e "xogar" cos datos para tirar as súas propias conclusións. Podes descargar nesta páxina o informe da investigación, en formato PDF, así como o ficheiro de datos en formato SPSS (.sav), ambos cunha licenza By-NC-SA de Creative Commons. No caso de que teñas algunha consulta respecto deste tema, podes escrebernos a fgarrido[arroba]cibersociedad.net.
|