Login:
Password:
  [Recordar datos]
Congreso pechado
Ainda abertos: Os Foros Xerais manteránse abertos para a sua participación

Licencias Creative Commons
Tódalas obras que soportan a xestión do 'II Congreso Online 2004' están gobernadas pola seguinte licencia de Creative Commons:


Licencia de Recoñecemento

Mais información sobre la aplicación da licencia al Congreso

Inscripción Cerrada
Cerrada la fase de inscripción, finalmente somos 4183 congresistas. Si quieres obtener las Actas electrónicas del Congreso y el/los certificado(s) de participación en el mismo, PINCHA AQUÍ

Usuarios simultáneos
Identificados: 1
Sem identificar: 23

Socios organizadores

Generalitat de Catalunya

Diputació de Barcelona

Cornellà


Sobre o Congreso ONLINE e máis información


O Formato

O Observatorio para a CiberSociedade é unhaa entidade que traballa, por definición, en rede e para a rede, por iso o espacio e medio natural para o debate atópase no ciberespacio.
     Durante os trece días de duración do congreso utilizaremos as ferramentas tecnolóxicas á nosa disposición para crear un entorno de discusión e reflexión, de presentación de investigacións e de casos prácticos e de xeneración de coñecemento sobre temáticas cibersociais.
     Investigadores e docentes, organizacións e cidadanía, presentarán as súas investigacións e reflexións articuladas en Grupos de Traballo de temáticas concretas, onde se someterán a discusión colectiva e paralela.

E para continuar innovando neste formato, combinaremos, nesta ocasión, o espacio de debate electrónico, continuado, cunha serie de eventos presenciais situados en diversos puntos do Estado Español e Iberoamérica, complementando, diversificando e enriquecendo, esta experiencia e este formato sobre o que seguimos innovando e aprendendo.


O Congreso

Este congreso abordará, como líña principal a pregunta que o comité científico definíu como título: Cara que sociedade do coñecemento? Esta cuestión central pretende leva-lo eixo do debate e as reflexións hacia o modelo de implantación das TIC, especialmente en España e en América Latina e en concreto desde unha óptica social e cultural. A partir desta cuestión central, son moitas as preguntas derivadas que este congreso intentará contestar ou, polo menos, razoar:

O segundo Congreso ONLINE do OCS reproducirá en boa medida o modelo da primeira convocatoria, celebrándose integramente dentro dun ámbito electrónico homoxéneo con diversas formas de participación sincrónica e asincrónica. A duración do mesmo será de dúas semanas completas, iniciándose o 2 novembro de 2004.


O precedente

En setembro de 2002 o OCS celebrou o seu primeiro congreso en líña cun gran nivel de participación e unha importante repercusión mediática. Aquela primeira edición reuníu dixitalmente a máis de 700 persoas e un centenar largo de comunicacións que se debatiron nunha vintena de grupos de traballo. Os detalles desta primeira edición, xunto coa súa metodoloxía organizativa e as súas conclusións están dispoñibles no enderezo http://www.cibersociedad.net/congreso/conclusiones.pdf.

Aquela primeira edición e a súa extraordinaria acollida demostrounos que se trata dun modelo organizativo moi interesante para actividades congresuales ou similares. Ademáis, resulta un modelo moi coherente e converxente coa temática propia do congreso e do OCS. O seu dinamismo, a súa temporalización, os diversos ritmos e niveles de participación que permite, así como a posibilidade de ser un participante activo desde calquear parte do mundo e en calquera momento do día son algunhas das claves do éxito deste formato de actividade, aínda que todo isto requira unha planificación estratéxica previa e un desenvolvemento tecnolóxico específico.


O Observatorio

O Observatorio para a CiberSociedade defínse como Comunidade Dixital de Coñecemento sobre as dimensións sociais e culturais das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

O OCS é un proxecto de carácter aberto, colaborativo e autoxestionado, en constante construcción e crecemento. Para iso, o OCS organiza actividades como este congreso, recopila materiais, edita unha revista de contidos específicos, difunde traballos de investigación e divulgación, pretende ofrecer e construir unha rede de investigación e reflexión sobre o cibersocial e, en definitiva, fomenta-lo debate e o traballo sobre a nova realidade interconectada e dixital da nosa sociedade.

Máis (toda) a información en http://www.cibersociedad.net