CARA A QUE SOCIEDADE DO COÑECEMENTO?[Líña editorial do II Congreso ONLINE do Observatorio para a CiberSociedade]
Unha das consecuencias da popularización das tecnoloxías da información e comunicación é a aparición, ó longo da última década, de bastantes neoloxismos e novas construccións que invadiron a linguaxe académica, política e social. A anunciada nova
realidade social veu acompañada de formas diversas de designárense a sí mesma, potenciando aínda máis unha
sensación de cambio que, posiblemente vai máis aló do cambio en sí mesmo.
Seguramente unha das nocións máis ambiciosas e utópicas coas que nos cruzamos nestes últimos anos é
Sociedade do Coñecemento. O discurso que hai tras este concepto, máis desiderativo que analítico ou real, presupón que a nova (?) sociedade intensamente tecnificada resultará nun novo modo de producción e vida social
evolucionada. De acordo con este discurso, deixadas atrás a sociedade industrial das fumaredas fabriles e a sociedade postindustrial do consumismo e os
mass media, amencemos nunha nova era baseada no intercambio sinérxico de coñecemento.
Deixando a un lado o plantexamento máis ou menos utópico da idea, o certo é que se trata dun concepto aberto, maleable e en discusión sobre o que queremos facer pivotar a reflexión central e transversal deste congreso.
O primeiro obxectivo deste congreso é poñer en cuestión e analizar cunha perspectiva crítica este discurso. Descubrir a súa xénese, o seu desenrolo e as súas implicacións para as diferentes esferas da realidade social, a saber,
a política, a economía e a sociedade. ¿Responde a noción
Sociedade do Coñecemento a unha análise da realidade social, é unha ferramenta política ou simplemente un concepto vacío en mans do
stablishment?
As implicacións para a esfera
política pasan, en primeiro lugar, polas políticas públicas a desenrolar entre as que destacan a aplicación e introducción das TICs na Educación ou na Administración Pública, a regulación do novo espacio sociotécnico, a loita contra a
fractura dixital ou o fomento de novas actividades productivas baseadas neste sector, entre outras. Ábrese un novo espacio de participación política coa introducción das novas tecnoloxías nesta esfera, con conceptos como
democracia dixital ou
electrónica. Nembargantes, consideracións sobre un papel moito máis activo e participativo da cidadanía deben ser contrastadas cos cada vez máis eficaces mecanismos de control social e ameazas á privacidade que, cecais, a onde nos levan é ó
panóptico dixital.
Institucións locáis, rexionáis, estatáis e internacionáis están chamadas non só a actuar neste campo, senón a reflexionar sobre os seus discursos e políticas. Esperamos que este sexa un foro axeitado para elo.
A aparición dun novo paradigma - ou o resquebraxamento do anterior - está marcando a
economía actual. Os procesos de globalización económica e do capital internacional, a deslocalización industrial, novas formas de producción ou novos modelos de organización empresarial, así como a aparición de novas ferramentas como as da
Xestión do Coñecemento son algunhas das características desta chamada nova
economía do Coñecemento.
Nembargantes, ¿hai realmente algo de sustancialmente novo nestas tendencias? ¿ata que punto non se trata de algo máis que un refortalecemento do vello capitalismo, levado agora a unha escala macro-corporativa, planetaria e liberado (finalmente) dos mecanismos de control estatal e sindical baixo os que se desenrolou? ¿é posible ou desexable recuparar ese control? ¿de que xeito? ¿que papel xogan nestes procesos as tecnoloxías da información e da comunicación?
Faise necesario e urxente analizar de xeito detido que hai detrás destas innovacións, conceptos ou ideas.
En terceiro lugar, abordando por último
o social, acontecementos recentes como os fenómenos de organización espontánea/instantánea da chamada sociedade civil ante os atentados do 11-S ou do 11-M poñen de rabiosa actualidade o tema da
apropiación social das novas tecnoloxías. Situacións como estas serven de exemplo a todos aqueles que confían/-aban e vaticinan/-aban que estamos/ábamos non ante unha mera (outra) revolución tecnolóxica, senón ante unha revolución de
tecnoloxías sociais.
A espectacularidade e notoriedade destas manifestacións sociais tan só veñen a confirmar en maiúsculas algo que as minúsculas das ciencias sociáis sinalaban dende os anos noventa, cando descobrían novos procesos de reticulación social, creación e negociación de identidades individuais e colectivas, establecemento de novos procesos e parámetros nas relación sociáis mediadas polas tecnoloxías dixitáis, etc.
E aínda a pesaren destas
novas notoriedades, segue aberto o debate sobre ata que punto son novas estas dinámicas sociáis ou non, sobre se hai ou non hai suficientes síntomas para diagnosticar que estamos nos albores, non só dun novo modo de producción económico ou dun novo modelo social. A chamada (nova) sociedade do coñecemento ¿é realmente unha nova
sociedade? ¿cecáis unha nova ideoloxía? ¿ou só un novo eslógan?
Esta concatenación de interrogantes debe ser o
leit-motif deste II Congreso ONLINE do Observatorio para a CiberSociedade. Unha sucesión de preguntas abertas e de resposta incerta que, canto máis sexan postas en cuestión e no punto de mira da crítica constructiva e independente, menos cairán víctima da inercia. O debate entorno á
Sociedade do Coñecemento é a excusa e eixo a partires do cal empezar (ou voltar) a pensar e discutir sobre o noso modelo de sociedade... Tecnificada, dixitalizada, globalizada e máis desigual que nunca... o signo de interrogación borroso co que identificamos esta convocatoria quere ser unha provocación á reflexión.
O Observatorio para a CiberSociedade invita pois, a debatir esta temática dende unha perspectiva multidisciplinar, crítica e aberta, teórica ou aplicada, especializada ou transversal, nun formato que xa amosou a súa fertilidade na primeira edición do congreso a fináis do verán de 2002. Nesta ocasión o noso obxectivo é fomentar a reflexión, dende tódolos sectores sociáis, sobre a cuestión de cara qué modelo de sociedade tecnolóxica queremos, debemos e estamos avanzando.
Documento elaborado polo Comité Científico do II Congreso ONLINE do Observatorio para a CiberSociedade, Abril de 2004.