Conocimiento Abierto, Sociedad Libre - III Congreso ONLINE - Observatorio para la CiberSociedad
Observatorio para la CiberSociedad
Página de inicio del congreso
Contacta amb la secretaria tècnica del congrés
Més informació sobre el congrés
Veure la pàgina amb lletra gran
Veure la pàgina amb lletra petita
Versió optimitzada per resolucions de 800 x 600 píxels de pantalla
Versió optimitzada per resolucions de 1024 x 768 píxels de pantalla o superiors
IV Congreso CiberSociedad

Foros

Chat

E-mail:
Clave:

¿Has olvidado tus datos?
FECHAS DEL CONGRESO
Foros Balance, despedida y post-congreso
ABIERTO
Foros Comentarios Generales
cerrado
Foros Grupos de Trabajos
cerrado
CUOTA OPCIONAL
Ya se puede realizar el pago de la cuota opcional que permite recibir los certificados y las actas del congreso.
[+info]
¿Qué es el Congreso ONLINE del OCS?
El congreso ONLINE del Observatorio para la CiberSociedad es un espacio electrónico especialmente diseñado para la presentación y el intercambio de análisis, reflexiones, investigaciones y experiencias de personas de perfiles diversos e interesadas en temáticas similares de todas partes del mundo. Personas que quizá nunca coincidirían físicamente ni tendrían la oportunidad de intercambiar estas experiencias y conocimientos y que, durante un tiempo limitado, lo hacen en línea.

Organizan

Observatorio para la CiberSociedad

FOBSIC

Patrocinan

Diputación de Barcelona

Fundación para o fomento da calidade industrial e desenvolvemento

Ajuntament de Cornellà de Llobregat

Secretaria de Telecomunicacions i Societat de la Informació

Plan Avanza

 

Palabras clave:

blogs / fotoblogs / videoblogs / podcasts
alfabetismo/analfabetismo digital
educación
Galicia
juventud
 

Autor(-a/s):

Daniel Veiga Martinez
 
 
   
   
 
 
 
   
 
 
 
 

Esta comunicación ha sido visitada/leida 8127 veces
Esta comunicación ha sido recomendada 0 veces

 
 
 

Abstract:

Nuestro interés por Internet como medio de comunicación, información y formación para el trabajo orientador en un centro educativo de secundaria posibilitó la puesta en marcha de la experiencia educativa que llamamos "orientarse con Internet".

Pretendemos, mediante el uso del blog de Orientación, la alfabetización digital de nuestro alumnado y facilitarles un recurso para su orientación académica y profesional.

 
 
 

Texto de la comunicación:

1. Weblog, Blog ou Bitácora: unha ferramenta multiuso


A maioría das definicións fan fincapé en considerar os blogs como unha modalidade de paxina web de autoría preferentemente individual, na que os artigos aparecen ordenados pola data de publicación e que se actualiza de maneira frecuente. Na Galipedia [http://gl.wikipedia.org/wiki/Blog] e na Wikipedia [http://es.wikipedia.org/wiki/Blog] podemos ler outras definicións e algunhas características fundamentais dos blogs.

No ámbito educativo, as vantaxes xerais do uso dos blogs son variadas:
  • Un sistema sinxelo, rápido e sen coste para publicar en internet.

  • A posibilidade que ten o visitante de participación e interactividade.
  • O uso da sindicación de contidos (rss) doutros blogs.
  • Un sistema de almacenamento e organización da información.

Polo que se refire ás aportacións pedagóxicas do uso educativo do blog, podemos destacar:
  • Posibilita e potencia a alfabetización dixital do alumnado.
  • Aporta unha dose de motivación engadida para as aprendizaxes de lectura e escritura. Permite a formación audiovisual.
  • O alumno/a é o protagonista do seu blog e a publicación inmediata reforza a sensación de éxito. Axuda na creación de redes virtuais de aula (nas ligazóns do blog poden incorporar os blogs dos compañeiros/as).
  • Iniciamos ó alumno/a nas aprendizaxes específicas para organizar, compartir –comunicarse- e traballar coa información.
  • O blog reflicte as actividades de aprendizaxe realizadas (caderno virtual).

En definitiva, o blog pode ser un espacio de aprendizaxe (VEIGA, 2006) que responda ás necesidades educativas dos nosos/as alumnos/as. O blog é unha ferramenta multiuso que nos permite variadas aplicacións pedagóxicas.

Image 1



2. Planificar, crear e manter un Blog con BLOGIA: aportacións prácticas


Image 2


Existen numerosas páxinas en internet que nos permiten crear un blog, pero no IES "García Barbón", ata o de agora, temos apostado polo sistema de publicación de BLOGIA.

Unha das características do servizo sen coste que nos facilita BLOGIA é a súa simplicidade. O proceso de alta do noso blog e o de comezar a publicar podemos resolvelo en poucos minutos. Polo tanto, as dificultades tecnolóxicas non van ser motivo verdadeiro para rexeitar a creación do noso blog.

Image 3


A primeira tarefa que podemos realizar –unha vez creado o noso blog- é a de configurar a nosa conta como usuarios/as avanzados, (Blogia Plus) para aproveitar as vantaxes asociadas. Complementariamente, podemos instalar un contador de visitas –WEBSTATS4U.COM- no noso blog e darnos de alta no buscador GOOGLE e na páxina de AULABLOG. Para rematar, podemos cambiar a apariencia –deseño- do noso blog.

Outro dos aspectos fundamentais –previa planificación xeral do noso blog- é a creación de TEMAS. Os Temas son os princiapis organizadores da información que vamos engadir no blog. En consecuencia, é preciso planificar, con criterios pedagóxicos, as finalidades e funcións que vai procurar desempeñar o noso blog.

De maneira habitual, a nosa tarefa vai ser a de publicar artigos (ESCRIBIR NOVO) con ligazóns e/ou imaxes. Na miña experiencia formativa con profesores (http://seminario321.bitacoras.com) de Programas de Garantía Social (http://vicentesanchez.blogia.com, http://formaciongalicia.blogia.com), Educación de Adultos (http://epablog.blogia.com), Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior e Bacharelato (http://ensinargalego.blogia.com), (http://frantematicas.blogia.com) e (http://mnica.blogia.com) podo confirmar que nos lles resulta complicado a realización das tarefas anteditas. Unha razón máis para utilizar os blogs nos centros educativos.

Image 4


Polo que se refire ó alumnado, podemos dicir que, en xeral, non lle resulta complicado familiarizarse co mundo dos blogs. En todo caso, apuntar que sería convinte que o uso dos blogs tivera un espacio curricular -nalgunhas asignaturas ou módulos formativos- e non se identificara de maneira exclusiva coas tarefas de información académica e profesional.

Unha mostra dos blogs dos alumnos/as do IES "García Barbón"

Image 5


2.1. Sistemas de creación de blogs en galego


Cando comezamos o noso blog de Orientación (febreiro de 2005) non tiñamos coñecemento da existencia de sistemas de creación de blogs en galego.

O ano 2006 é unha data especialmente destacada para poder comezar a falar de sistemas de creación de BLOGS en galego. Por unha banda, ten lugar en Santiago –organizado polo Consello da Cultura Galega- o I Encontro de Blogs de Galicia e Portugal (www.consellodacultura.org/enblog) e, por outra banda, dispomos xa de dous sistemas de creación de blogs en galego (www.blogoteca.com) e ( www.blogaliza.org ).

Image 6



3. Informarse de maneira automática: a sindicación de contidos (rss)


Image 7


Un dos servizos máis interesantes e "revolucionarios" da chamada Web 2.0. é, sen dúbida, BLOGLINES, a posibilidade de informarnos de maneira automática.

Os blogs son ferramentas multiuso que incorporan a posibilidade de sindicación (RSS) –suscrición- dos seus contidos, pero necesitamos unha aplicación que nos permita ler os contidos de distintos blogs, polo que temos que rexistrarnos e saber usar BLOGLINES.

O primeiro paso é crear unha conta cos datos que se sinalan e rexistrarnos.

Image 8


Unha vez rexistrados, temos que visitar a nosa conta de correo electrónico para validar a mensaxe que nos chegara de BLOGLINES. Rematada a tarefa, estamos listos para traballar coa aplicación.

Image 9


O procedemento básico consiste en identificar o canal RSS do blog – un enderezo de internet para copiar- e, posteriormente, engadir a url da páxina no lugar correspondente -pegar- (Blog or feed URL) e premer en Suscribirse. (Máis información no Obradorio correspondente e en http:// aprender.blogia.com ).

Para exemplificar o proceso de identificación do canal RSS e posterior suscrición, podemos visitar algunha das páxinas que se recomendan no apartado: "Sobre blogs no ensino".

Image 10


4. A Web educativa 2.0


O concepto de Web 2.0 que se facilita no traballo sobre "A Web Educativa 2.0" (TORRE, A, 2006) fai énfase na sustitución do termo de web de lectura, polo de web de lectura-escritura. A web 2.0 posibilita que dispoñamos de moitas ferramentas sinxelas para poder publicar en internet. Un dos exemplos máis populares da web 2.0 son os blogs, weblogs ou bitácoras (-blogs de profesores/as, -blogs de aula, de asignatura ou departamento, -blogs de alumnos/as, -blogs informativos, etc). Complementariamente, as distintas novidades tecnolóxicas (comentaremos algunha coa que temos traballado) presentan unha mesma estratexia no tratamento automático da información: o RSS .

Aplicacións que nos poderían interesar no noso traballo orientador.

Image 11


5. Orientarse con internet no IES "García Barbón": orientando entre Blogs


Image 12


Orientarse con internet é unha actividade formativa promovida polo Departamento de Orientación do I.E.S. "García Barbón" de Verín –Ourense- que, a partir do ano 2000 e ata o de agora, pretende dotar ó alumnado con distintas destrezas relacionadas co uso informado de internet e, de maneira máis específica, favorecer o seu proceso de orientación académica e profesional

Image 13


As aplicacións informáticas que consideramos básicas e que a maioría do alumnado do centro debe coñecer e saber usar son: correo electrónico en Yahoo e/ou en Gmail, blog en BLOGIA e para informarse Bloglines.

Complementariamente, sobre todo naqueles grupos nos que dispomos de máis tempo, podemos coñecer e saber usar un disco duro virtual (Apcala), un procesador on line (Ajaxwrite), traballar con imaxen (Blibs) e gardar de maneira ordenada as nosas webs máis interesantes (Blinklist).

A actividade formativa que se recolle no apartado "Programa formativo para o alumnado" enumera as distintas tarefas que se propoñen para o curso 2005/2006.

Image 14




Programa formativo para o alumnado (outubro 2005)

  1. Dotarse dunha conta de correo electrónico sen coste e saber utilizala (mandar correo, ler correo, mandar correo con documentos engadidos, etc).
    Por exemplo,en www.yahoo.es

  2. Realizar unha conta de correo electrónico –previa invitación- en GMAIL.
    www.gmail.com

  3. Coñecer recursos para buscar información en internet. Buscadores, metabuscadores e programas específicos.
    http:// apcala.com/danielv/files/-1/202/RBI.doc

  4. Recursos en internet para a información académica e profesional. Itinerarios académicos e profesionais.
    - Blogs realizados polo Departamento de Orientación:
    www.orientacion.blogia.com
    www.ocinoiesgb.bitacoras.com
    www.aprender.blogia.com
    www.seminario321.bitacoras.com

  5. Buscar emprego coa axuda de internet.
    http:// apcala.com/danielv/files/-1/285/ocifp.ht m

  6. Crear e administrar un blog persoal.
    www.blogia.com

  7. Suscribirse a bloglines e usar, entre outros, o seu servizo de novas.
    www.bloglines.com

  8. Suscribirse a apcala e saber utilizar as súas prestacións máis interesantes.
    http://apcala.com

  9. Adquirir destrezas relacionadas co manexo da información (Conversor de textos a pdf, descomprimir arquivos, instalar programas, etc).
    http:// www.noticiasdot.com/publicaciones/2005/0 405/2904/noticias/noticias_290405-17.htm
    http:// www.masternewmedia.org/es/2005/04/13/cre ar_archivos_pdf_de_acrobat.htm

Programas libres e freeware:
http:// www.uprm.edu/ideal/freeware-pre/
http:// revista.consumer.es/web/es/20050501/inte rnet/69697.php

6. O Blog do Departamento de Orientación como Guía de Información Académica e Profesional


Image 15


O noso traballo de planificación, creación e mantemento dun BLOG –páxina web sinxela- foi realizado nun servizo sen coste que pode visitarse nesta url: [www.blogia.com]

Blogia facilita soporte –sen coste- para a publicación do blog e proporciona, entre outras características, [http:// www.blogia.com/portada/caracteristicas-d e-blogia.php ] a posibilidade de clasificación de artigos por temas, un buscador interno, plantillas para o deseño do blog, ligazóns, copia de seguridade, sindicación de contidos (rss), etc.

O blog –weblog ou bitácora- de Orientación conta cunha estructura de navegación moi sinxela e pode visualizarse mediante conexión a internet.

Image 16



6.1. Pasos na elaboración do recurso


O Departamento de Orientación do I.E.S. "García Barbón", a partir da súa constitución no curso 1999/2000, ten apostado polo uso de internet como ferramenta útil de información, formación e comunicación.

A nosa experiencia educativa inicial "Orientarse con internet" [http:// www.educared.net/congresoII/doc/talleres /educared.htm ] plantexaba un achegamento ás cuestións básicas sobre internet (aprender a buscar información, ter unha conta de correo electrónico e saber utilizala, usar recursos didácticos, etc) e unha selección de páxinas web de potencial utilidade no ámbito da información académica e profesional do contexto galego.

Posteriormente, elaboramos un cd-rom que chamamos "Orientarse" –Recursos de información académica e profesional- (VEIGA e MARTÍNEZ, 2003) e seguimos traballando na elaboración dunha guía virtual de orientación profesional para o alumnado de Educación Secundaria (VEIGA, 2003b).

Nos dous últimos cursos, facilitamos ao alumnado distintas guías de navegación específicas. Nunha primeira fase, unha selección de recursos de información académica e profesional para o alumnado de Bacharelato (VEIGA, 2004) e, nunha segunda fase, unha proposta na mesma liña para os adolescentes de Formación Profesional (VEIGA, 2005).

A creación dun blog –que pode definirse como unha páxina web de autoría preferentemente individual, na que os artigos aparecen ordenados pola data de publicación e que se actualiza frecuentemente- non é unha tarefa complexa nen require de coñecementos informáticos elevados. Cremos que é unha aposta pola publicación en internet moi sinxela, con grandes posibilidades de interactividade e sen coste.

A planificación dun blog que pretende servir como Guía de Información Académica e Profesional é unha tarefa en construcción permanente. Consideramos que a elaboración dun blog require dun traballo previo de documentación e dunha boa disposición para a aprendizaxe diaria –un blog é unha ferramenta de formación-. Aprendizaxe e formación que ten unha estreita relación coa posibilidade de modificación da información –cambios nos contidos, actualizacións, engadidos, etc- dunha maneira moi sinxela; o que fai dos blogs, unha ferramenta moi eficaz e interesante, entre outras, [http:// www.xtec.net/~ivilater/blogs/Weblog+Educ acio.html ] para as tarefas de información académica e profesional.

Na Circular 20/2005 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais polas que se ditan instruccións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional 2005/2006, a liña de actuación prioritaria número catro sinala,

"o fomento da utilización das tecnoloxías da información e da comunicación, intensificando o aproveitamento das posibilidades que proporcionan as novas tecnoloxías no campo da orientación e o asesoramento".



O Blog de Orientación foi deseñado, nun primeiro momento, para atender ás necesidades de información académica e profesional do alumnado do centro. As primeiras aportacións que elaboramos e publicamos -das titulacións universitarias e de formación profesional- son as que o alumnado solicitou maioritariamente.

Nun segundo momento, fomos engadindo outros temas no Blog (Orientarse, Itinerarios, Novidades, etc) que ofreceran materiais con claves e pautas para a toma de decisións (ver o tema Orientarse) e as distintas posibilidades profesionais que teñen os adolescentes para a súa formación permanente (ver tema de Itinerarios).

O mantemento dun blog e a creación de contidos –de maneira habitual- non pode realizarse sen unha eficaz planificación. Por elo, a nosa experiencia na elaboración de distintos recursos para a información académica e profesional do alumnado de Educación Secundaria (guías informativas, cd-rom, propostas para o Bacharelato, Formación Profesional, etc) é, xunto con outras aportacións, a base sobre a que se artella a creación do Blog de Orientación.

En relación coas outras aportacións que serviron de base para a elaboración do Blog de Orientación, temos que sinalar que se utilizaron, entre outras, as seguíntes estratexias:
  • Unha parte da información e documentos específicos proceden do uso habitual de buscadores, metabuscadores e programas específicos.
  • Recibimos diariamente as principais novidades –previamente seleccionadas- que nos achega o servizo de alertas de Google –novas-.
  • Temos a posibilidade de ler a información actualizada de múltiples páxinas web do noso interese coa utilización do servizo de sindicación de contidos (RSS) [consultar o noso blog para aprender sobre RSS – http://ocinoiesgb.bitacoras.com] e o lector de novas de Bloglines.
  • Consultamos habitualmente as versións dixitais dos principais xornais e revistas especializadas.
  • Recibimos distintas publicacións de interese no ámbito da información académica e profesional (libros, revistas, anuarios, etc) que nos sirven de base para a preparación dunha parte dos contidos do noso Blog de Orientación.


6.2. Descrición dos medios utilizados


Utilizamos distintos recursos de internet que detallamos a continuación:
  • Un sistema de administración de contidos (CMS) sen coste en www.blogia.com
  • Un lector de novas –previa sindicación das webs de interese- www.bloglines.com
  • Un servizo de correo electrónico para o almacenamento de información –sen problemas de cantidade- en www.gmail.com
  • Unha web, entre outras posibilidades, de aloxamento de arquivos que logo podemos enlazar no noso blog en http://apcala.com
  • As distintas páxinas e servizos de información da Xunta de Galicia, das Universidades Galegas, xornais galegos e outros portais educativos de Galicia.
  • A nosa suscrición aos distintos monográficos e publicacións relacionadas coa información educativa e a orientación académica e profesional, entre outros:

Image 17


BIBLIOGRAFÍA


  • BISQUERRA, R.(1999) "Elementos y actividades para la información académica y profesional" En SOBRADO,L. (Ed.) Orientación e intervención sociolaboral. Barcelona: Estel. Pp. 131-181.
  • CABERO, J.(2003) "Las nuevas tecnologías aplicadas a los procesos de orientación educativa". En: http:// tecnologia.us.es/bibliovir/pdf/TICsorien tacioneducativa.pdf (25/03/2004)
  • LUCAS, S. e CARBONERO, M.A.(2002) Construyendo la decisión vocacional. Valladolid: Universidad de Valladolid.
  • MARTOS, A. (2002) Internet para estudiar. Madrid: Prentice Hall.
  • PANTOJA, A. (2004) La intervención psicopedagógica en la sociedad de la información. Educar y orientar con nuevas tecnologías. Madrid: EOS.
  • TORRE, A. (2006) "Web Educativa 2.0". En Edutec. Revista Electrónica de Tecnología Educativa, Nº 20 (Xaneiro 2006). En: http:// edutec.rediris.es/Revelec2/revelec20/ani bal20.htm (12/01/2006)
  • VEIGA, D. e MARTÍNEZ, F. (2003) "Recursos de información académica y profesional del alumnado: el cd-rom [Orientarse]" III Congreso Internacional Virtual de Educación (CIVE 2003) (En cd-rom)
    Unha parte do traballo pode consultarse en:
    http:// apcala.com/ocigborienta/files/-1/934/civ e 2003.htm
  • VEIGA, D. (2003a) "Orientación profesional y nuevas tecnologías: una experiencia trianual". Congreso Internacional Virtual Educa 2003.
    www.virtualeduca.org/2003/es/actas/11/11 _19.pdf
  • VEIGA, D. (2003b) "Orientarse con internet en la educación secundaria: webs de información académica y profesional". Congreso Iberoamericano de Comunicación y Educación. "Luces en el laberinto audiovisual". www.ateiamerica.com/doc/orientarse.pdf
  • VEIGA, D. (2004) "Orientación académica y profesional del alumnado de Bachillerato mediante el uso de internet" IV Congreso Internacional Virtual de Educación (CIVE 2004) (En cd-rom)
    http:// apcala.com/ocigborienta/files/-1/932/civ e2004.pdf
  • VEIGA, D. (2005) "Recursos de información académica y profesional para el alumnado de los ciclos formativos mediante el uso de internet"
    V Congreso Internacional Virtual de Educación (CIVE 2005) (En cd-rom)
    http:// apcala.com/ocigborienta/files/-1/933/civ e2005.pdf
  • VEIGA, D. (2006) "Los blogs como espacios de aprendizaje: proyectos del Departamento de Orientación" VI Congreso Internacional Virtual de Educación (CIVE 2006) (En cd-rom)
    http:// apcala.com/danielv/files/-1/1547/cive.pd f

 
Esta obra esta publicada bajo la licencia
Reconocimiento - NoComercial - CompartirIgual 2.5
 
   
   
 
 
 

Esta comunicación ha sido visitada/leida 8127 veces
Esta comunicación ha sido recomendada 0 veces