IV Congreso da CiberSociedade 2009. Crise analóxica, futuro dixital

Todas as actividades

HKp: Apropiación creativa


HKp: Apropiación creativa

Estamos buscando exemplos de obxectos, ferramentas, máquinas, software, que foran modificados polos usuarios para darlles un uso diferente ao que tiñan orixinalmente.

Preguntámonos se a actitude "hacker" de apropiación creativa do software vai máis alá das tecnoloxías electrónicas e entronca cun tipo de creatividade propia da especia. Estamos buscando exemplos en tódolos ámbitos onde os usuarios modificaran un artefacto para darlle un uso diferente ao que tiña.

Coñeces algún caso? Convidámosvos a velos casos recollidos e engadir outros. Convidámosvos tamén a debater sobre estas cuestións coma actividade paralela ao Congreso.

Wiki HKp

HKp HKP HKp

Ver ficha completa

Anecdotarium de proyectos colaborativos y comunidades virtuales


Anecdotarium de proyectos colaborativos y comunidades virtuales

Queremos historias! historias persoais, de primeira man que conten experienzas, aventuras, problemas, confusións ou situacións de medo que experimentarades en comunidades virtuais ou en proxectos colaborativos, e que finalmente remataron en algo divertido ou bonito. As anécdotas son unha gran fonte de sabedoría. A a nosa intención é aprender con elas sobre proxectos de colaboración mediados por TIC. Sabemos moi pouco sobre como se organizan, do seu día a día ou como se fan ... O que si creemos é que vós tedes moitas historias interesantes que contarnos.

Blog Anecdotarium

Ver ficha completa

Crise analóxica, futuro dixital. Visións.


Crise analóxica, futuro dixital. Visións.

Buscamos imaxes; imaxes que nos permitan ilustrar da maneira máis ampla posible os procesos, os valores, as ferramentas, a estética, os usos e costumes, as realidades, os soños deste proceso de cambio no que estamos dentro: crise analóxica, futuro dixital. Presente en transición...

Enviade as vosas imaxes ou localizádeas para debater sobre elas e crear de xeito colaborativo un "Álbum de imaxes-2009" que ilustre os vellos e novos modelos e os procesos de transición analóxica e dixital que vivimos.

Ver ficha completa

Ética Hacker vs ética Salander


Ética Hacker vs ética Salander

Esta actividade paralela ao congreso toma a forma dun seminario aberto no que se propón debater a partir de dúas obras principais:

  • As novelas da triloxía Millennium de Stieg Larsson
  • O ensaio A ética hacker de Pekka Himanen

Tomando como tema de discusión a confrontación de dous modelos éticos: a ética persoal que Larsson crea para Lisbeth Salander e a ética hacker que Himanen compila e que, nas súas propias palabras, "supón un reto para a nosa sociedade e para cada un de nós".

Ver ficha completa

¿Que che suxire o lema?


¿Que che suxire o lema?

Esta cuarta edición do congreso, preséntase cunha lema un tanto provocador:

"Crise analóxica, futuro dixital".

A frase é o resultado dunha consulta previa na primeira fase do congreso, durante a cal recibíronse máis de 500 propostas de lema, que posteriormente foron seleccionados por parte da coordinación do congreso para unha votación final, na que participaron os membros do Comité de Apoio á Organización.

Froito daquela experiencia, e en vista das polémicas e debates que xurdiron durante o proceso de selección da lema, decidiuse en consonancia coa filosofía de Living Congress abrir un espazo para opinar en torno ao mesmo, e situarse en relación ao concepto tanto a favor como en contra.

Ver ficha completa