IV Congreso da CiberSociedade 2009. Crise analóxica, futuro dixital

Ética Hacker vs ética Salander

Do 05/10 ao 30/11

Presentación

Esta actividade paralela ao congreso toma a forma dun seminario aberto no que se propón debater a partir de dúas obras principais:


  • As novelas da triloxía Millennium de Stieg Larsson
  • O ensaio A ética hacker de Pekka Himanen

Tomando como tema de discusión a confrontación de dous modelos éticos: a ética persoal que Larsson crea para Lisbeth Salander e a ética hacker que Himanen compila e que, nas súas propias palabras, "supón un reto para a nosa sociedade e para cada un de nós".

imatge activitat

Obxectivos

As novelas de Stieg Larsson (a primeira delas adaptada ao cine) foron un éxito de ventas, de traducións a varias linguas e de lectores. Nunha complexa trama de novela negra emerxe a figura protagonista de Lisbeth Salander, vítima reiterada de abusos físicos, psíquicos e administrativos, que sobrevive gracias a súas habilidades cualificadas de "hacker". Pola súa ampla difusión, a triloxía podería ter certo impacto no imaxinario social do que é e o que fai un 'hacker'. Nos últimos anos, dende diversos sectores, fixéronse esforzos por distinguir o concepto de 'hacker' de connotacións negativas (máis propias do concepto 'cracker') e en dar visibilidade ao que podería ser unha innovación no método e a ética de traballo. A visión que transmiten estas novelas podería ser un paso atrás neste propósito, pero tamén supoñen un punto de partida para a reflexión sobre a posibilidade de construír unha ética propia dende o completo illamento social dunha persoa maltratada.

Pekka Himanen na súa obra de 2001 preséntanos a ética haker coma un posible relevo ao papel que a ética protestante do traballo tivo para o conxunto da sociedade. Seguindo a Himanen, un hacker non é un delincuente, vándalo ou pirata informático con altos coñecementos técnicos (aos que prefire chamar crackers), senón que hacker é todo aquel que traballa con gran paixón e entusiasmo polo que fai. De aí que o término 'hacker' poida e deba extrapolarse a outros ámbitos coma, por exemplo, o científico.

Larsson construíu unha ética propia para a persoaxe de Salander que toma algúns aspectos da ética hacker que describiu Pekka Himanen pero que, sobre todo, ten diferencias significativas con esta. Neste eido, Stieg Larsson preséntanos unha ética de supervivencia construída dende a exclusión social, mentres que Himanen considera una ética 'hacker' baseada nunha determinada serie de valores coma a conciencia social, a creatividade apaixonada ou a preocupación responsable.

Parécenos que confrontar estes dous modelos éticos pode levarnos a un debate interesante. Buscamos opinións ao respecto: tanto de defensores do término hacker (e o concepto tal coma o reflicte a protagonista da triloxía Millenium), coma de quenes ven nel unha nova frivolización e negativización de comunidades de programadores e de outro tipo de xente apaixonada polo que fai...

Apúntaste?

Instruccións

Para participar nesta actividade enviándonos a túa opinión, basta con que accedas á páxina de discusión e sigas as instrucións que se indican.


Lecturas relacionadas (en castellano)



Pekka Himanen. (2002 [2001]) La ética hacker y el espíritu de la era de la información.
Editorial Destino. ISBN 8423333906


Primer capítulo disponible online (inglés)


Lo encontrarás en BIBLIOTECAS: CCUC · Xarxa Biblioteques Diputació Barcelona


Stieg Larsson. (2008) Los hombres que no amaban a las mujeres.
Editorial Destino. ISBN 978-84-233-4044-6.


Stieg Larsson. (2008)
La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina
.

Editorial Destino. ISBN 978-84-233-4100-9


Stieg Larsson. (2009)
La reina en el palacio de las corrientes de aire
.

Editorial Destino. ISBN 978-84-233-4161-0


Web oficial serielarsson.com con el primer capítulo de cada libro




Lecturas complementarias





Se desexas ampliar antes información sobre o contexto de ambas obras, convidámosche a consultar a páxina de enlaces relacionados.