Estamos buscando exemplos de obxectos, ferramentas, máquinas, software, que foran modificados polos usuarios para darlles un uso diferente ao que tiñan orixinalmente.
Preguntámonos se a actitude "hacker" de apropiación creativa do software vai máis alá das tecnoloxías electrónicas e entronca cun tipo de creatividade propia da especia. Estamos buscando exemplos en tódolos ámbitos onde os usuarios modificaran un artefacto para darlle un uso diferente ao que tiña.
Coñeces algún caso? Convidámosvos a velos casos recollidos e engadir outros. Convidámosvos tamén a debater sobre estas cuestións coma actividade paralela ao Congreso.
Wiki HKp

Co proxecto Hkp preténdese recoller unha ampla variedade de exemplos de "hacks" sobre todo tipo de artefactos e, a partir destes casos, abrir preguntas e xerar debate.
O proxecto está impulsado por TAG Taller de Intanxibles e, en etapa de investigación e traballo de campo, ábrese á participación coma actividade paralela do IV Congreso da CiberSociedade. O propósito é que ademais a documentación o wiki acábese producindo unha peza audiovisual e un libro. Tódolos produtos do proxecto fanse baixo licenza copyleft, de xeito que se poda reproducir e reelaborar libremente.
Ir ao wiki HKp para ver os "hacks" que recompilaron o para documentar un caso que xa coñezades.
Seguir e participar n discusión ao Muro da actividade.