Esta cuarta edición do congreso, preséntase cunha lema un tanto provocador:
"Crise analóxica, futuro dixital".
A frase é o resultado dunha consulta previa na primeira fase do congreso, durante a cal recibíronse máis de 500 propostas de lema, que posteriormente foron seleccionados por parte da coordinación do congreso para unha votación final, na que participaron os membros do Comité de Apoio á Organización.
Froito daquela experiencia, e en vista das polémicas e debates que xurdiron durante o proceso de selección da lema, decidiuse en consonancia coa filosofía de Living Congress abrir un espazo para opinar en torno ao mesmo, e situarse en relación ao concepto tanto a favor como en contra.
O obxetivo desta actividade é establecer un debate e un foro de opinión paralelo ao desenvolvemento do congreso sobre o marco no que se sitúa conceptualmente, en paralelo á súa liña editorial, que permita recoller opinións dende diferentes localizacións xeográficas, perfís e experienzas.
Para participar nesta actividade enviándonos a túa opinión, tan só tes que acceder á páxina de discusión e seguir as instrucións que se indican.
Que che suxire o lema? Dános o teu ponto de vista!