IV Congreso da CiberSociedade 2009. Crise analóxica, futuro dixital

Bases para a presentación de comunicacións

Consulta todos os detalles da fase de chamada a comunicacións.

Só contidos orixinais


As comunicacións deben ser inéditas e non deberán ter sido presentadas anteriormente con motivo doutros congresos.

Meta-información precisa


Tódalas comunicacións deberán ir acompañadas de cinco palabras chave e dun abstract u resumo na lingua orixinal da comunicación. Asimesmo, toda comunicación deberá presentarse coa tradución ao inglés do seu título e abstract. Todo iso será solicitado no formulario electrónico de envío da comunicación, pero é recomendable que os participantes o teñan preparado antes de iniciar o proceso.
Ademais da lingua orixinal da comunicación e do idioma inglés, recomendamos facilitar a tradución do título e abstract da comunicación nas outras linguas oficiais do congreso, sempre e cando os participantes teñan coñecementos e naqueles casos no que o poidan traducir con facilidade.

Idiomas aceptados


As linguas de traballo do congreso e, por tanto, nas que a organización aceptará comunicacións son: catalán, castelá, galego, inglés e portugués. A organización do congreso facilitará un sistema de tradución automática vía web de tódalas comunicacións.

Formatos aceptados


Nesta edición do congreso, proponse dúas novas modalidades de formato para as comunicacións, ademais do propio texto: o vídeo e as presentación.
  • Texto: RTF, TXT, ODT, SWX, DOC
  • Vídeos, audios e presentación: cada usuario pode elixir o servizo de aloxamento de vídeos e/ou presentación que prefira, e enviar a URL correspondinte. É requisito indispensable que o servizo de aloxamento de vídeos e de presentación elixido ofreza o código embedpara poder integra-lo na plataforma do congreso (vimeo, youtube, bliptv, dailymotion, odeo, libsyn, slideshare, prezi, etc.)

En tódolos casos e formatos deberase presentar a comunicación acompañada dun abstract ou resumo (máximo 200 palabras) tanto no idioma orixinal, como en inglés.

Forma de envío


  • No caso de comunicacións de texto, o formulario de envío aceptará os seguintes formatos de arquivo: RTF, TXT, ODT, SWX, DOC, ZIP e RAR. A organización do congreso anima aos comunicantes a utilizar formatos libres (RTF, TXT ou ODT).
  • No caso doutros formatos (vídeos / presentacións / audios) haberá que enviar para coñecemento e consulta dos coordinadores do GT a URL (enderezo web) onde se atope aloxada a comunicación, a elección do propio usuario (vimeo, youtube, bliptv, dailymotion, slideshare, prezi, mindmeister, etc.)


Extensión das comunicación


  • Para as comunicacións en documentos de texto, por cuestións operativas e de homoxeneidade de contidos, recomendamos unha extensión mínima de 10 páxinas DIN A-4 a dobre espazo (aproximadamente 10.000 palabras). Isto trátase só de recomendacións, posto que o formato electrónico permítenos ser tan flexibles neste aspecto como a calidade do contido suxira.
  • No caso das comunicacións en formato vídeo ou audio, recomendase que o mesmo non teña unha duración superior aos 15 minutos.
  • As comunicacións en formato presentación non deberán exceder as 20 páxinas ou slides (o seu equivalinte en esquemas).


Comunicacións completas


Este congreso unicamente acepta o envío de comunicación completas, dende un inicio da postulación. É dicir, unha comunicación para ser aceptada deberá mandarse xa na súa versión final e acabada. Non se avaliaran nin aceptarán, por cuestión formais, comunicación incompletas ou envíos iniciais de abstracts / resumos.

Prazo de envío de comunicación


A data máxima para a recepción de comunicación será o 5 de outubro de 2009.

Recomendacións de articulación de contido


A organización do congreso considera desexable que tódalas comunicacións expliquen de forma clara:
  • O obxecto de estudio concreto a que apela a súa comunicación;
  • A relevancia e interese específico do tema que trata, en función dos obxectivos e plantexamento do grupo de traballo;
  • A metodoloxía e a/s area/s disciplinar/es dende a/s que se elabora a comunicación; e
  • Que se intente finalizar a exposición cunhas conclusións.


Formato de citas dentro do texto


Para as comunicación en formato de documento de texto, recomendamos utilizar citas dentro do texto da comunicación, entre paréntese, indicando o apelido do autor, ano e páxina de referencia, por exemplo: (AUTOR, 1997:101) ou tamén: (AUTOR Et AUTOR: 1997:101-105). Só se usarán notas ao pé de páxina para as citas n ocaso de aportar máis información ou comentarios sobre a cita.

Formato de bibliografía:


Recomendamos non empregar adentrados ou sangrías para as listas bibliográficas e utilizar os seguintes modelos para a elaboración das listas bibliográficas ou similares:
  • Para un libro:
    TURKLE, Sherry, 1997, Life on the screen. Identity in the age of the Internet, New York: Touchstone
  • Para un capítulo dun libro:
    STRATTON, John, 1997, "Cyberspace and the Globalization of Culture", en David PORTER (ed.), Internet Culture, New York & London: Routledge, pp. 253-275
  • Para un artículo nunha revista:
    STARRS, Paul F., 1997, "The sacred, the regional and the digital", en The Geographical Review, vol. 87, no. 2, pp. 193-218
  • Para un artículo online:
    Organismo Autónomo de Museos e Centros (1999, 4 de julio). Museo de la Ciencia y el Cosmos , [en línea]. Tenerife, España: Trujillo, W. M. Recuperado o 23 de xuño de 2005, de http://www.mcc.rcanaria.es

    Presentación de bibliografía, citas e referencias para vídeos, audios e presentacións


    En caso que lle escoja algúns destes formatos, débese anexar un arquivo de texto (RTF, TXT, ODT, SWX, DOC, ZIP e RAR) coa información bibliográfica, citas e referencias utilizadas no material presentado.