IV Congreso da CiberSociedade 2009. Crise analóxica, futuro dixital

Calendario

Consulta temática: do 15 de marzo ao 1 maio


Proceso participativo aberto a propostas para axudar a definir o congreso; proposta de lema, de temas para o debate, de formas de vivir o congreso, etc.

Candidaturas a Grupos de Traballo: do 25 de maio ao 15 de xuño


Nesta edición, os grupos de traballo estarán definidos previamente. Abrirase un período curto de presentación de candidaturas para coordinar estes grupos, e posterior selección.

Actividades online paralelas: do 22 de xuño ao 29 de novembro


Nesta cuarta edición engadímoslle un compoñente experiencial e participativo, apostando por unha fórmula de Living Congress que permita ir construíndo o congreso modularmente, así como engadindo actividades online previas á discusión de comunicacións. ¡Segue atento!

Chamado e revisión de comunicacións: do 22 de xullo ao 5 de outubro


Período de envío de comunicacións en distintos formatos.

Discusión de comunicacións: do 12 ao 29 de novembro


A fase final do congreso, o espazo de discusión, reflexión e análise de todos os contidos presentados ao longo do congreso, e que terá lugar online.