Porqué unha cota opcional
Dacordo coa filosofía de acceso libre á información e o coñecemento do OCS, a inscrición ó IV Congresos ONLINE do Observatorio para a CiberSociedade (é dicir, enche-los teus datos no formulario) é de balde e permite a participación en tódolos niveis de actividade. Só polo feito de te inscribir, tes dereito a presentar comunicacións, contribuír ós debate en liña, acceder á plenaria e actividades presenciais, etc.
Asimesmo, todo o material xerado durante o congreso quedará dispoñible de maneira permanente na páxina do congreso e na web do Observatorio. Nembargantes, ofrecemo-la posibilidade de pagar unha cota voluntaria de 36 euros (a mesma que en 2006) que che permitirá, ademais: a) recibir o certificado digital oficial de participación no III Congresos ONLINE co selo do OCS -para ser recibido por vía electrónica, arredor de tres semanas-. b) recibir as actas electrónicas do Congreso.
Pago da cota opcional
Para aproveitar dos beneficios que ofrece esta cota opcional tes que estar inscrito no congreso e identificado na web. Esta cota págase unha soa vez e é independente do xeito no que participes no congreso.
Importante: indica no formulario antes de iniciar o trámite de pago si participaches como autor/a de comunicación ou ben congresista (isto é, non presentaches ningunha comunicación). Esa información axudaranos a agilizar a tramitación do teu certificado digital.