IV Congreso da CiberSociedade 2009. Crise analóxica, futuro dixital

Líña editorial

O mundo actual, o mundo tal e como o coñecemos, o mundo desigualmente próspero e aparentemente equilibrado da 'posguerra fría', féndese. Diversos factores sacudírono e transformárono, ata o punto de facelo irrecoñecible. Levamos máis de dúas décadas de suposta revolución dixital. Levamos gran parte desas dúas décadas intentando descubrir, suxerindo e analizando os cambios profundos dun mundo organizado en rede e intensamente mediado pola tecnoloxía, onde tódalas fronteiras da sociedade pos-industrial da segunda metade do século XX entrecóllanse, fúndense e confúndense. E de súbito, estalou a crise.

As crises son momento de cambio, de retos pero tamén de oportunidades, e a globalización económica, social e cultura está deixando ao descuberto os seus límites e os seus efectos adversos. Pura dialéctica? Indicacións e contraindicacións? interésanos ambos. Faixe preciso por iso identificar, analizar e propoñer prácticas vinculadas ao uso das TIC que non só estea contribuíndo ao desenvolvemento e a consolidación da sociedade do coñecemento, senón que, dende o dixital, estean incidindo claramente no offline, no analóxico, e abran novos futuros posibles, alternativos, híbridos.

O analóxico, como metáfora para describir o modelo de sociedade pre-dixital, mostra claramente o seu esgotamento, nas súas dimensións económica, social, ecolóxica, (xeo)política, relixiosa, identitaria, cultural? Noutro lado da balanza, o dixital, que ven revestido de bos propósitos, apelando a novas formas de organización, creación, comunicación, colaboración, produción e consumo. O presente, o futuro, unicamente poden ser dixitais. Pero non unicamente como formato tecnolóxico, senón como modelo político, como proxecto alternativo, como senda colectiva que corrixa os excesos dun período que só pode quedar atrás.

Sen embargo, tras ambas posicións xorden numerosas contradicións, continuidades e zonas grises que non poden resolverse cun simple xuízo sumario nin con unha benvida incondicional. Por un lado, o dixital pode entenderse tamén como un detonador e un acelerador definitivo da crise actual. Por outro lado, unha ollada cara modelos máis tradicionais de produción, comunicación e consumo colaborativo "analóxicos por definición- poden converterse nun dos camiños máis viables para "resetear" a confianza colectiva.

Máis aló destas contradicións lóxicas, desexables, suxerintes e analizables, multiplícanse as preguntas: Que modelos económicos ou produtivos poden emerxer amparados pola tecnoloxía? Cara onde tende a educación na rede e o aprendizaxe colaborativo? Que modelos de cidadanía política e participación están xurdindo dos novos paradigmas sociotecnolóxicos? Que impacto están tendo na ciencia e na investigación as TIC e o modo de usalas? De que modo están cambiando a comunicación e a cultura, en e dende o dixital? Todas estas preguntas conducen a outras tantas, e esas a súa vez a novos interrogantes, tecendo exponencialmente un lenzo de cuestións que propoñemos estender e contemplar no seu conxunto.

O 2009 é un ano de efemérides ao redor de Internet e a rede de redes. Fai corenta anos que naceu ARPANET, vinte que Tim Berners-Lee presentou ao mundo a súa idea de World Wide Web, e case dez que observamos e cuestionamos a cibersociedade dende este anaco da rede. A Era da Información, por tanto, xa non é algo novo nin un territorio inexplorado. Pese a vivir aínda inmersos nun mundo saturado de datos e innovacións, faixe imposible identificar varios ámbitos onde as TIC, despois de teren aumentado o seu impacto social, ofrecen novas alternativas para organizarse, para aprender, para relacionarse. Internet, o dixital, xa está no presente. A cuestión é: Será o futuro? Que futuro?

Queremos enfocar o debate que emerxe deste contexto e destas preguntas partindo da curiosidade, da investigación, das observacións e hipóteses que precisar ser (re)elaboradoras e compartidas coa sociedade. Segue aumentando o acceso a Internet por parte de amplas capas de poboación, e ao mesmo tempo florece unha cultura tecnosocial de innovación e exploración de novas oportunidades, de creatividade e experimentación. Ambas tendencias, no momento de escribir esta liña editorial, aínda non parecen ter sido afectadas polos vaivéns do económico, senón máis ben mostrasen determinadas a continuar medrando e ofrecendo fórmulas e ideas que compartir para evolucionar.

O renovado interese científico que desperta a aplicación das TIC, en diferentes áreas da investigación e o coñecemento, supón unha oportunidade para compartir e difundir as boas prácticas no propio campo de estudio no que se converteu Internet. No obstante, mais aló da academia xorden as propostas máis creativas, máis irreverentes, demostrando que no mundo dixital a innovación aberta é máis fértil cando se sitúa nos marxes entre disciplinas, entre colectivos e especializades, dentro e fóra da universidade. Nas rúas, nas escolas, nas empresas, nas cidades, nas institucións?

Partamos dende aquí, dende a provocación e dende as múltiples contradicións que se esconden tras o lema "Crise analóxica, futuro dixital". Dende unha perspectiva sociocéntrica do tecnolóxico e tecnocéntrica do social. Engadámoslle, como ingrediente invitado, o cuestionamento preciso respecto do momento que vivimos e do papel que Internet ten nel: tan por telo provocado como polo seu potencial para saír del. A cibersociedade como paradigma híbrido, como modelo social, como realidade global, é protagonista e destinataria final desta nova chamada ao debate. Xogamos?