O
Observatorio para a CiberSociedade e
CitiLab-Cornellà organizan o
IV Congreso da CiberSociedade, un
Living Congress que está tendo lugar en diferentes fases, e cuxo período de discusión en liña de comunicación levarase a cabo entre o
12 e o 29 de novembro de 2009.
Consulta as
bases para la presentación de comunicacións. Convidámosche a coñecer os diferentes
Grupos de Traballo e escolle a cal deles enviaras a túa comunicación.
Ata o
5 de outubro podedes enviar as vosas comunicacións ao IV Congreso da Cibersociedade.
As comunicacións ou "papers" son o elemento de contido central do Congreso. Por tanto, deberán estar encadernadas e apelar directamente á temática presentada por calquera dos Grupos de Traballo. O envío de comunicacións efectúase, exclusivamente, dende as páxinas do grupo ao que se quere facer chegar. Para iso debe utilizarse o formulario en liña de envío que a organización preparou para iso, onde as comunicacións deberán tratar de apelar sempre ás preguntas e plantexamentos dos Grupos de Traballo.
Entre outras novidades desta edición, incluímos a posibilidade de presentar comunicacións en distintos formatos (texto, audio, vídeo ou presentación con diapositivas).
A quen nos diriximos
Dada a urxencia e importancia dos plantexamento debuxados na liña editorial, así como os ámbitos emerxentes de cada un dos Grupos de Traballo, consideramos imprescindible a implicación conxunta tanto do sector da Academia como da Administración, Empresa e Sociedade Civil.
Por iso, convocamos a:
- Investigadores e docentes das áreas das ciencias sociais, humanas e tecnolóxicas a presentar as súas reflexións, últimas investigacións e innovacións.
- Profesionais da Administración e a empresa privada a que presenten as súas experiencias, casos relevantes e prácticas sobre o terreo.
- Sociedade civil e "cidadanía dixital" para que compartan as súas impresións, comentarios e vivencias acerca da súa participación e implicación na Sociedade do Coñecemento.
Temática das comunicacións
O Congreso deste ano estrutúrase a partir de seis eidos temáticos xerais, que agrupan no seu interior diversos Grupos de Traballo con temáticas concretas:
- Educación
- Política
- Comunicación
- Ciencia e investigación
- Economía
- Cultura
As comunicacións ou "papers" , como contido central do Congreso, deberán estar encadradas e apelar directamente á temática presentada por un dos Grupos de Traballo que integran estes seis ámbitos do congreso.
Como presentalas
O envío das comunicacións farase, exclusivamente, dende as páxinas de cada un dos Grupos de Traballo. Deberá empregarse sempre o formulario en liña de envío que a organización preparou para iso.
Así pois, non se aceptarán comunicacións enviadas por correo electrónico nin por outros medios que non sexan o mencionado.
Cando se presentan
Mentres estea activo o formulario de envío de comunicacións. Dende que se fai pública a chamada a comunicacións e ata o 5 de outubro de 2009 podedes enviar as vosas propostas de comunicación ou "paper" aos Grupos de Traballo do congreso.