IV Congreso da CiberSociedade 2009. Crise analóxica, futuro dixital

IV Congreso, unha iniciativa plural e colaborativa

Neste apartado atópanse algo máis que os créditos, recoñecementos e patrocinadores do congreso: aquí debúxase o mapa de responsabilidades, méritos e agradecimientos que o fan non só posible, senón pensable. Grazas a tod@s ;)

¿Te apuntas?

Unha vez máis o Observatorio para a Cibersociedade pode ofrecer unha nova edición edición de congreso gracias á colaboración e axuda de innumerables persoas e entidades. Sen os seus aportes, este evento sería irrealizable. Por iso non debemos durmirnos nos loureiros e hai moito por facer, aínda. Se queres contribuír neste avance, a continuación indicámosche como podes facelo:

Se patrocinador

Existen distintas modalidades de patrocinio que apoian economicamente esta iniciativa e que permiten manter a actividade administrativa e organizativa necesarias. Se a túa institución pode involucrarse cunha aportación deste tipo, a contraprestación recibida verase reflectida na inclusión en todo o material promocional e de divulgación que se xere dende a organización do Congreso. Pensa que só a nosa web recibe miles de visitas diarias!

[Dossier patrocinios: http://www.cibersociedad.net/congreso2009/cibermotores/docs/patrocinios.pdf]

Colabora na difusión

Coma toda iniciativa na rede hoxe en día, calquera apoio para difundir o congreso é inmensamente benvida. Se ademais da túa axuda persoal dende os lugares de Internet no que te movas, podes facer que a institución á que pertences nos bote unha man dende a súa páxina ou canais de comunicación, podemos devolvervos o favor cos nosos medios. Tamén estamos abertos a colaborar neste eido.

[Dossier de información sobre el congreso: http://www.cibersociedad.net/congreso2009/cibermotores/docs/dosier_difusion_v5.pdf]

Consegue o Aval académico da túa institución:

Xa son moitas e prestixiosas as institucións que avalan o noso modelo de congreso, tanto en convocatorias anteriores como nesta nova cita que bautizamos como Living Congress. Estamos experimentando, tratando de abrir camiños, e cantos máis sexan os referentes académicos que nos apoien, maiores serán os logros con esta nova aposta cibersocial.

[Modelo de aval institucional: http://www.cibersociedad.net/congreso2009/cibermotores/docs/modelo_aval_institucional.rtf]

Para máis información sobre as maneiras de colaborar co IV Congreso, escríbenos a congreso20009@cibersociedad.net Aceptamos todo tipo de suxestións (e analizaremos a posibilidade de polas en práctica).