IV Congreso da CiberSociedade 2009. Crise analóxica, futuro dixital

¡Ti creas o Congreso!

¿Un Living Congress?


Living Congress é unha nova formula de congreso online cun alto compoñente de experienza e de participación. É un espazo online especialmente deseñado para a presentación e o intercambio de análise, reflexións, investigacións e experiencias de persoas de perfís diversos, interesadas en temáticas cibersociais desde todas partes do mundo.

Nun Living Congress son os seguidores, participantes e colaboradores os que modelan, constrúen e fan evolucionar o Congreso a través de módulos e de etapas que se suceden no tempo.

Living Congress é unha idea orixinaria do Observatorio da CiberSociedade e o seu equipo de dirección do IV Congreso da CiberSociedade no seu afán por continuar innovando nas súas iniciativas na rede.

¿Que vas atopar?


No Living Congress IV Congreso da CiberSociedade sucéndense durante o 2009 diversos módulos ou etapas de participación nos que podes intervir en función dos teus intereses. A participación no Living Congress comezou en marzo co módulo "Constrúe o Congreso" e que orixinaba diversas actividades modulares consecutivas previas á discusión de comunicacións.

Invitámosvos a esta experiencia única de participación, creación e innovación na rede que xa deu comezo. Se che perdiches algún dos módulos anteriores podes pescudar que pasou no Blog do Living Congress.

Muro sobre Crise analóxica, futuro dixital?
Nesta cuarta edición do congreso, tras unha disputada elección de entre máis de 500 propostas enviadas polos participantes da fase previa (maio 2009) preséntase cun lema un tanto provocador: Crise analóxica, futuro dixital? ¿Que che suxire? Deixa túa opinião no Muro!

Call 4 papers multiformato
A participación principal no congreso segue a ser ao traverso das comunicacións, que nesta ocasión, e seguindo coa filosofía de innovación congresual pola que apostamos, tamén tenen formato multimedia. O Call for papers ou chamada a comunicacións ha estado aberto ata o 5 de outubro.

Experiencias paralelas
A partir do mes de setembro, e do mesmo xeito que está sucedendo coa discusión do lema actual do congreso, se ha abierto un novo espazo de experiencias paralelas, a modo de obradoiros previos á discusión de comunicacións, nos cales tamén poderás participar.

¿Como se definiron os temas do congreso?


O Observatorio da Cibersociedade e o Citilab suscítanvos a aventura de participar no primeiro "congreso vivo".

A IV edición do Congreso da Cibersociedade apostou por desenvolver un congreso online que se define, constrúe e evoluciona partindo das visións e das achegas dos seus seguidores, participantes e colaboradores. Invitámosvos a esta experiencia única de participación, creación e innovación na rede que xa deu comezo.

Xa temos... 1 lema, 90 temáticas e 1000 formas de vivir o congreso que foron definidas polos 500 participantes de "Constrúe o congreso".

Durante o mes de marzo e abril abrimos un proceso participativo para deseñar entre todos o contexto temático do congreso (son os ámbitos xerais nos que se enmarcará), no que participaron máis de 500 persoas.

Ao longo desta consulta aportáronse ao redor de 550 lemas, máis de 1.000 propostas temáticas para o debate e máis de 600 combinacións de sensacións (Xeolocalización, música, sabor e aspecto) que identificasen o espírito informal do congreso.

De entre todos os lemas enviados, e logo dun proceso deliberativo no que participou o área estratéxica e o comité de apoio á organización do congreso (ao redor de 100 persoas), escolleuse o lema "Crise analóxica, futuro dixital".