É a comunicación sincrónica a máis efectiva á hora de levar a cabo accións de e-learning?
Complementan as ferramentas de comunicación sincrónica as propostas de b-learning?
Que escenarios de aprendizaxe se poden deseñar con estas ferramentas? Son efectivos?
Contémplanse aspectos de diversidade, accesibilidade e usabilidade na aplicación destas propostas?
blearning, software libre, aprendizaxe, educación a distancia, videoconferencia, chats, innovación, TIC
Animámosvos a presentar a vosa comunicación ao noso grupo de traballo, que ten como marco de actuación a dimensión comunicativo-interactiva do e-learning, podéndose centrar en aspectos técnicos relacionados con tecnoloxías de comunicación sincrónica: VozIP, Videoconferencia, Audiochat, Webminars, etc. e en aspectos pedagóxicos como: escenarios de aprendizaxe, propostas metodológicas, experiencias, investigacións, etc.