IV Congreso da CiberSociedade 2009. Crise analóxica, futuro dixital

Exe E - Economía

Grupo de Traballo E-41: Identidade e reputación dixital de empresas e profesionais

Comunicacións

Preguntas iniciales

Hai unha opción para ignorar a conversa sobre a Internet e o que poida dicir?

Como póden-nos cambiar as rotinas dixitais?

Que condicións debemos atopar no usuario/a para assimilar múltiples perspectivas e frecuentes impactos na opinión e actitudes propias?

É semellante ou diversa a credibilidade dos diferentes medios de comunicación na Rede?

Coexistência e tratamento nas redes dixitais facilitan ou dificultan a reputación e os prescritores nos medios sociais?

¿Qué papel xogan os moderadores na web 2.0 ou 3.0?

¿A política de comunicación nas organizacións en Internet obriga a unha portalización?

¿Canto afectan à identidade da organización esas participacions nas redes dixitais dos seus representantes?

¿Que tipo de accións e conversas prefiren diferentes organizacións públicas?

Un profesional debe dar servizo a cliente sempre que non pertenzan ao mesmo sector, como pedían en tempos as axencias publicitarias?

Descripción del GT

Os efectos prácticos da nosa comunicación xeran competencias dixitais, mais tamén problemas e prexuízos.

Coma outras experiencias incipientes cumpre que sexa tema de reflexión clara e honesta sobre súas oportunidades e seus riscos para as organizacións e os individuos.

As empresas, por exemplo, poden empregar voceiros privados, persoais, pero deben facelo en termos precisos que non prexudiquen aos mediadores nin as organizacións.

No medio prazo afectan sobre a identidade organizacional, en un ambiente cada vez máis aberto para elas.

Cultura, misión, proxectos...seran distintos nun futuro dixital.

A imaxe organizacional conserva ou cambia de credibilidade e de proximidade para os públicos dos socialmedia es as redes fronte o medios predixitais de comunicación.

Neste período de convivencia, ten que establecerse o marco e a complementaridade entre os diferentes medios e redes de comunicación.

A reputación corporativa pode cambiar-se da publicidade á conversa nas redes. Exemplos de mal uso de imaxe dixital teñen motivadas crises nas organizacións.

Con casos de éxito fornecen sua reputación socialmente recoñecida.

Reputación esixe coerência e completude: para as organizacións, privadas ou públicas, demanda condicións comerciais, de emprego, sociais, ambientais, locais ...

En principio, debería favorecer organizacións abertas. Pero non todas as organizacións, empresas ou institucións, poden ser 2.0: nin é un modelo universal, nin perfeito, nin adecuado para todo proxecto futuro.

O equilibrio persoal e organizacional depende de como nos ven e nos queren os outros, con todas as diferenzas, pero nunha conversa e unha compartir que permite ou retira recoñecemento crea fases na consideración en na vida persoal e das organizacions.

Entre os profesionais é o reto da xestión de todas estas imaxes persoais, empresariais e institucionais nas redes sociais, nos medios dixitais e nos portais.