IV Congreso da CiberSociedade 2009. Crise analóxica, futuro dixital

Exe B - Ciencia & investigación

Grupo de Traballo B-65: Indicadores dixitais para a Sociedade da Información

Comunicacións

Preguntas iniciales


  • ¿Son útiles os indicadores para medir a Sociedade da Información que temos actualmente?
  • ¿Como medimos o grao de uso das redes sociais?
  • ¿Que indicadores son mellores para ver o aproveitamento das ferramentas da Web 2.0: youtube, myspace, facebook, twitter, flicker, eyeos, etc.?
  • ¿Como estudamos aos usuarios "punta de lanza" en temas TIC?
  • Cales son as actitudes que motivan o aproveitamento das TIC para o lecer?
  • ¿Temos que concentrarnos en dar datos, ou ao facer webs que faciliten o acceso aos datos?
  • ¿Que sucede coas estatísticas de organismos internacionais de referencia, como Eurostat, que non mide datos de microempresas?
  • ¿Cal é a periodicidade óptima para xerar estatísticas TIC?
  • ¿Cales son os parámetros que hai que considerar para poder facer comparativas?
  • ¿Que difusión teñen que ter os datos estatísticos e os indicadores da Sociedade da Información?

Descripción del GT

Reflexionar sobre os indicadores que miden o grao de desenvolvemento da Sociedade da Información é un dos exercicios máis interesantes que se poden facer.

No momento actual, onde as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) forman parte do noso día a día, e onde posiblemente falar de "Sociedade da Información" quere dicir falar de "Sociedade", porque case todas as persoas teñen acceso a contidos dixitais xerados, obtidos e visualizados vía teléfonos móbiles, televisión ou Internet, os aspectos relacionados coa medida do nivel de acceso e uso a estas TIC por parte da sociedade teñen unha importancia que moitas veces pasa desapercibida.

Indicadores útiles, novas ferramentas en Internet ao alcance das persoas e as organizacións, o aproveitamento das TIC, a diminución da fenda dixital nalgúns eidos pero o seu incremento noutros, ou a viabilidade da comparación de indicadores, son aspectos e temáticas sobre os que hai que falar, discorrer, contrastar e razoar diferentes opinións e puntos de vista.