En que se diferencia a lectura e a escritura en liña da de libros ou papeis?
Como usan a lectura e a escritura en liña os nativos e os inmigrantes dixitais?
Como aprenderon a ler en liña os nativos dixitais?
Como se caracteriza un/a lector/a crítico/a?
Como podemos contribuír a formar lectores críticos?
alfabetismo/analfabetismo dixital, análise do discurso, competencia comunicativa, escritura, hipertextos/hipermedia, lectura, lingüística, lingua/linguaxe
A lectura en liña parécese moi pouco á lectura en papel. Na
pantalla, navegamos pola rede, usamos un rato, teclado, menús e
marcos; lemos máis a miúdo e en máis contextos: dende o móbil, desde
o ordenador, a axenda, etc. Lemos textos novos, textos escritos
por autores que proceden de todo o mundo; lemos máis lixo, lemos
noutras linguas, lemos imaxes, lemos textos vencellados a millóns
doutros documentos. Ler é unha empresa máis corrente, máis frecuente,
pero tamén máis difícil.
Este grupo proponse investigar este tema dende unha óptica
interdisciplinar, desde a comunicación social, a lingüística, a
psicoloxía, a pedagoxía, o maxisterio, a biblioteconomía e o
documentalismo, a etnografía, o xornalismo...