Galicia (España)
,
Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Nada na Veiga (Principado de Asturias) en 1946, é Licenciada en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Especialista en Estatística e Investigación Operativa pola Universidade Complutense de Madrid.
Actualmente, é a Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.
É Catedrática de Bacharelato de Matemáticas en excedencia. Pertence ao “Cuerpo Superior de Sistemas y Tecnologías de la Información de la Administración del Estado” onde continua en activo. O posto de traballo que desempeñaba cando foi nomeada directora xeral era o de Subdirectora Xeral de Tecnoloxías e Sistemas de Información do Ministerio de Cultura.