Estás en...




RECURSOS OCS

El conjunto de recursos documentales y referenciales del OCS están siendo catalogados y organizados en una base de datos de carácter abierto y de construcción pública dentro del proyecto de Comunidad Digital de Conocimiento del OCS. De momento, los listados siguen siendo estáticos, mientras seguimos trabajando.

Divulgación OCS

[publicar nuevo artículo]
[ver lista de artículos]


Fon e o negocio da ubicuidade

Autor/-a: Fernando Garrido Ferradanes


Vieiros.com


Imprimir este artículo

Fernando Garrido Ferradanes
[perfil] · [e-mail] · [home]

Artículo mostrado 3503 veces

Datos a partir del 03.03.2004. Artículo en el OCS desde el 06/02/2006

fon, seguro que escoitaches falar sobre este tema… ata o punto de monopolizar o permanente debate entorno a diferentes estándares e tendencias na rede. Algúns póñenlle pegas á parte tecnolóxica, como Mario e outros, aos que non enlazo, critican o talante mercantilista e o savoir faire de Martin… aínda que non serei eu quen fale mal dalguén que fixo o que fixo con Jazztell ou Ya.com. Non sei se é un vendedor de fume ao que lle sairon ben un par de proxectos, pero tampouco me importa excesivamente… eu o que quería é falar sobre a parte máis social deste proxecto.

Hoxe o proxecto de Fon saltou novamente aos medios. Tres das principais empresas da rede, ou cando menos tres das máis `simbólicas´, apoian de xeito económico esta nova iniciativa do emprendedor arxentino… nada mais, nin nada menos que Google, Skype e eBay. En total, a ampliación de capital de FON supera os 18 millóns de euros, que xa son cartos.

O proxecto FON baséase en dar acceso WiFi de balde empregando a “colaboración” dunha rede de usuarios de ADSL que poñen a disposición da entidade parte do seu ancho de banda a cambio de duas cousas: poder conectarse en calquer lugar de balde coa rede FON e parte dos beneficios que xenere a súa conexión inalámbrica.
A primeira enmenda é á totalidade. A ubicuidade é unha pauta social en emerxencia e abonda con ollar aos paises máis avanzados na Sociedade da Información, como Corea e Xapón, paises nos que os accesos á rede a través de conexións inalámbricas levan aparecendo un par de anos nas estatísticas de ITU e da OCDE. Pero a ubicuidade vais máis aló, ambos paises plasmaron e artellaron as súas políticas públicas entorno a este concepto. No caso de Xapón o U-Japan, un plan, similar ao que no estado español pode ser o Plan Avanza ou ao que foi o frustrados InfoXXI, tenta evolucionar dende un e-Xapón, cara a unha concepción eminentemente ubícua da sociedade, onde tanto o dispositivo coma a conexión sexan superados, e onde o único relevante é o `contido´ ou a `comunicación en sí´, non dende que cacharro se produce ou a través de que acceso.

Pero non hai que irse ata o Sol Nacente para ollar como a ubicuidade comeza a emerxer. Existen proxectos similares ao desta empresa en moitos lugares. As Redes Cidadás de Catalunya levan abrindo diferentes puntos WiFi (de xeito mais ou menos legal) á cidadanía, mentres que proxectos como o de Atarfe, concello granadino que deu acceso de balde a todo o concello, amosan a disposición dalgúns concellos por extender a gratuidade da rede. En madrid o movemento e a aposta mais forte está vencellada aos hacklabs e a proxectos como lavapies wireless, un proxecto que leva en marcha varios anos e no que a “saida á rede” é só unha das opcións. Botarlle un ollo a Smartmobs (tanto o libro como á web), non está de maís… e pódese ver como a ubicuidade é unha pauta social emerxente, na que FON posiblemente teña cabida como servizo pero ¿terá éxito?

E pasamos ao tema clave: a cooperación. Hai algo “especial” na rede que podemos chamar “Etica Hacker” que choca frontalmente coa filosofía deste proxecto. As Smarts Mobs son multitudes intelixentes que cooperan, na meirande parte dos casos, de xeito desinteresado. A rede actúa como vehiculador de sinerxias e provoca que, como como Kohfam, xentes se poñan a colaborar en proxectos con descoñecidos por pouco máis que un “intanxible” como é o “status” nunha comunidade concreta. E semella que no fondo, detrás de todo o debate de Fon-si-Fon-Non está unha concepción vital e, sobre todo, unha concepción da cidadanía dixital. ¿É o ser humán un actor racional que busca maximizar sempre a faceta económica? A resposta é un rotundo Non e exemplos disto temolos a mansalva. ¿Pode máis a Ética Hacker e intanxibles como o status”ou a lóxica mercantilista? No mundo real non o dubidamos, a lóxica mercantilista… pero a Rede é diferente e o caso que documenta Pau Contreras no seu libro `Me llamo Kohfam´ pode servir de perfecta ilustración.

Hai espazo para Fon: Si. Será FON a próxima revolución social como pretenden vendernos: Non. A ubicuidade é unha pauta emerxente que dificilmente se pode `pechar´, xa existen múltiples proxectos similares descentralizados… e a lóxica da rede non vai cara a centralización vai cara a comunidade, e as leis de Reed e Metcalf apuntan cara iso.

 



Los artículos publicados en la sección Divulgación OCS son una contribución colaborativa voluntaria al Observatorio para la CiberSociedad. La responsabilidad de las afirmaciones, opiniones y contenidos expuestos en esta sección, así como todo su mérito, recae, en este caso, en Fernando Garrido Ferradanes. El Observatorio para la CiberSociedad permite la reproducción de estos contenidos siempre y cuando se cite correctamente la fuente de procedencia y el autor/-a haya sido informado de ello y lo haya aceptado previamente y de modo expreso.

(c) Fernando Garrido Ferradanes, 06/02/2006

^    © Observatorio para la CiberSociedad     <