Este non foi un feito aillado, seguro que todos lembrades algún exemplo similar en diferentes contextos. Mesmo dende diferentes estamentos se teorizou sobre Internet como medio uniformador impoñendo a cultura occidental e as súas múltiples manifestacións, entre elas o inglés como língua franca. Aínda teño gardados nalgún arquivo os textos de Le monde diplomatique que apuntaban neste sentido. Nembargantes, isto non sucedeu así. Algúns dos datos que recolle o informe eEspaña da Fundación FranceTelecom apuntan cara o progresiva perda da influencia dos internautas que empregan o Inglés como lingua, así como a progresiva explosión de idiomas minoritarios, coma o farsi, en sectores estratéxicos e especialmente dinámicos como a blogosfera. A explicación deste feito é ben sinxela: a correlación entre anglofalantes e elevado poder adquisitivo é moi elevada, é dicer, son os anglofalantes os primeiros en chegar á Rede, máis coa súa progresiva implantación e difusión esta é apropiada por culturas non anglófonas. Nos vindeiros anos miraremos como se incrementa o número de sites en idiomas minoritarios. Logo, a Rede non uniformiza, ou cando menos, á luz dos datos citados, no seu estrato inferior. Por tal entendemos aquel xerado socialmente, polos "de abaixo", pola sociedade, non polos conglomerados multimedia e/ou mediáticos. Por outra banda, nos últimos anos as ferramentas de traduccións instantánea avanzaron moito, ata o punto de existir chats multilingües e ferramentas de traducción instantána entre múltiples idiomas. Por exemplo, o xornal electrónico Vieiros lanzou fai unhas semás unha ferramenta que permite ler os principais diarios electrónicos de Galiza e do estado español en galego. Son iniciativas como esta as que poñen de manifesto o potencial que as TIC poñen a disposición de linguas minoritarias. A rede, asemade, non é algo alleo á sociedade e a un determinado contexto social. Mentres que os primeiros analistas sociais pensaban que a Rede mailo Ciberespazo darían lugar a un novo tipo de sociabilidade coa "Comunidade Virtual" como centro, o paso dos anos non lles deu a razón. Fai uns meses Wired, posibelmente a publiación máis influiente na análise do impacto das TIC na vida coitá, matou ao Ciberespazo. Pero é máis, Gibson, a persoa que acuñou o termo nunha novela, admite que o concepto está un tanto obsoleto e completamente superado. As TICs e Internet, porque o que se celebra o día 17 é o día de Internet pero tamén o día das telecomunicacións, imbrícanse na sociedade que lles da un sentido. É dicer, intégranse na vida dos galegos que lonxe de formar novas comunidades virtuais empregan estas para reforzar os vínculos sociais xa existentes e para crear novos, ás máis das veces, á luz de tódolos estudos internacionais, moi vencellados ao su contexto local. Logo, ¿Cal é a relación de Internet e do Galego coas novas tecnoloxías? O impacto cruza varias frontes. Por un lado está a posibilidade de consultar dende calquera lugar do mundo os medios de comunicación galegos, xa sexa a prensa escrita, como a radio ou a television. Pero máis aló da consulta a rede permite facer algo máis. Coido que Xa o comentou algún compañeiro de formato, a blogosfera ou blogomillo pode ser unha excelente mostra das posibilidades que abren as tecnoloxías para o galego como idoma e para os galegos como comunidade. Superan o milleiro os blogs en galego, creados por xente nova e cun forte sentimento de compromiso co idioma, que se pon de manifesto ao escreber tan só en galego, nunha porcentaxe moi elevada. Por último e para rematar, permitídeme que traía ao debate a un termo moi mediático. Fálase moito da Web2.0 en múltiples contextos. No meu entender, pódese denominar ou conceptualizar baixo este termo un grupo de tecnoloxías que permiten a publicación de contido de forma sinxela da man de Sistemas de Xestión de Contido (CMS). Ao tempo, xurden sistemas sociais de clasificación de contido e diferentes xeitos de xestión dos dereitos vencellados ao contido, como poden ser as licenzas Creative Commons. Neste senso, a evolución da rede amosa unha volta á sua orixe, á Sociedade e ao "Contido" por riba de todo... e o específico deste fenómeno é que estamos a falar dun contido xerado socialmente, é dicer, Internet pon ao alcande de todos a posibilidade de falar, no idioma que sexa, e cada quen fala na súa língua e non no inglés do concello do comezo. O futuro da rede é a Web Semántica, un concepto que abre múltiples posibilidades para línguas minoritarias, entre outras moitas cousas, permitir de acceder a multitude de documentacion no idioma. Pero o presente é unha língua, un idioma, desgastado polo uso. O presente son os teclados de moitos galegos coas letras erosionadas. A mín fáltame o A, S, L e o N... e o R estase xa a difuminar... Hai algún símbolo mellor?
Los artículos publicados en la sección Divulgación OCS son una contribución colaborativa voluntaria al Observatorio para la CiberSociedad. La responsabilidad de las afirmaciones, opiniones y contenidos expuestos en esta sección, así como todo su mérito, recae, en este caso, en Fernando Garrido Ferradanes. El Observatorio para la CiberSociedad permite la reproducción de estos contenidos siempre y cuando se cite correctamente la fuente de procedencia y el autor/-a haya sido informado de ello y lo haya aceptado previamente y de modo expreso. (c) Fernando Garrido Ferradanes, 15/05/2006 |