Citilab - Cornellà
Observatorio para la CiberSociedad
Espacio para la reflexión, el análisis y el debate sobre
el ciberespacio desde las ciencias humanas y sociales

Divulgación OCS

[publicar nuevo artículo]
[ver lista de artículos]


Propiedad Intelectual: estreitando os límites

Autor/-a: Adolfo Estalella


Diagonal


A nova lei de propiedade intelectual que se tramita actualmente no Senado non satisfai a ningún dos múltiples bandos enfrontados nesta contenda. Todos alegan que saen perxudicados: as entidades de xestión que representan aos autores (SGAE, AIE, EGEDA, etc.) din que `desprotege aos creadores´, as empresas de tecnoloxía (ASIMELEC, AETIC, etc.) que implican unha carga enorme aos seus negocios, etc. pero o certo é que quen máis perde é a sociedade, a parte muda e sen representantes nesta batalla onde se negocia a posibilidade de acceder e de ser partícipes nas nosas culturas.

A quen pertence Cervantes? e quenes son os donos do Quixote? quenes posúen o dereito a controlar se podemos colocar na nosa web unha imaxe das Meninas de Velázquez? E quen ten o dereito a decidir se podemos, ou se non podemos, ler nun parque público ante todos o Hamlet de Shakespeare ou os Cen Anos de Soidade de Gabriel García Márquez? ou tocar os xardíns de España de Falla?... preguntas simples ás que responden leis complexas como son todas as de propiedade intelectual.

As obras son do seu autor, que cobra por que se lean, se impríman, se escoiten, etc. e cando este morre os seus descendentes seguen a receber remuneración por elas durante setenta anos máis. Despois pasan ao dominio público, que significa que nos pertencen a todos. Calquera pode entón copiar as obras de Cervantes ou de Falla, editalas e regalalas ou vendelas.

As leis de propiedade intelectual trataron de manter sempre un equilibrio entre o dereito dos autores a cobrar polo seu traballo, e o dos cidadáns a acceder á cultura e a usala. Pero con cada un dos cambios realizado nas últimas décadas nestas leis prodúcese un recorte nos usos lexítimos que os cidadáns poden facer das obras culturais, limítanse as posibilidades de participar de forma activa na cultura e non como simples consumidores de contidos, e estréitanse as marxes do posible.

A actual reforma da lei de propiedade intelectual que se realiza en España encamíñase por esa senda, do mesmo xeito que outras reformas similares realizadas nos últimos tres anos por toda a Unión Europea. Entre os cambios fundamentais que introduce a lei é a extensión do canon aos soportes dixitais (CD, DVD, Mini-Disc, etc.). Aínda que este tipo de discos xa o pagaban desde 2003, non estaba recollido na lei. Un segundo cambio notábel, e ao que se opón a principal entidade de xestión que gestiona os dereitos de autores, a SGAE, é o mecanismo para establecer a cuantía dese canon. Se non hai acordo entre as partes que deben negocialo pódese recorrer a unha comisión arbitral. É dicir, que o Estado toma parte para fixar o canon, mentres que antes era un asunto que o estabelecía a SGAE en negociacións privadas.

Ante estes cambios, o presidente da SGAE enviaba aos seus artistas asociados unha carta onde lles alarmaba de que a reforma é `o ataque máis grave aos nosos dereitos dende a instauración da democracia´, e cualificaba un `retroceso cultural´ o que en realidade é un cambio no sistema que regula os ingresos que receben. Nada que ver coa cultura.

As empresas de tecnoloxía (ASIMELEC, AETIC; etc.) e asociacións de usuarios (Asociación Usuarios de Internet, Asociación de Internautas, FACUA, etc.) tamén se queixan de que `estase a penalizar´ (en beneficio duns poucos) a todos os usuarios cun canon sobre discos e aparellos electrónicos que consideran `indiscriminado´. Aínda que o canon non é o único tema importante da reforma, para case todos o canon é o seu cabalo de batalla.

O razoamento do canon é simple: os usuarios deben pagar cando fan unha copia polo posible prexuízo que causan aos autores. É dicer, que cando un usuario fai unha copia deixa de comprar a obra que copia.

Pero este argumento ampliouse ata un extremo que amosa a súa perversión. No caso dos iPod, e outros reproductores de música dixital, o razoamiento é que como poden gravar cancións deben pagar un canon. A SGAE presentou en febreiro contra Apple unha demanda nun xulgado de Madrid por negarse a pagar polos seus iPod.

Aínda que un compre unha canción nunha tenda de Internet, na cal se estabelece que é legal copiala dende o ordenador ao seu reproductor portable, debe pagar un canon no reproductor por facer esa copia. E se fai unha copia do compacto ao ordenador, e de aí pásaa ao reproductor, debe pagar igualmente. Non importa que xa pague por esas cancións na tenda en Internet ou na tenda de discos.

O problema, a final de contas, é que as leis de propiedade intelectual e copyright seguen fundamentándose, como cando naceron fai tres séculos, no concepto de copia para construír a regulación da cultura. Sen tomar en consideración os cambios tecnolóxicos e ás suas implicacións. Parece que resulta máis sinxelo modernizar e adaptar ás leis que regulan as concepcións das nacións e nacionalidades, que as que regulan a cultura e os seus usos. A formulación é sinxela, que a sociedade se amolde á lei, antes de que a lei se amolde á sociedade.

 



Los artículos publicados en la sección Divulgación OCS son una contribución colaborativa voluntaria al Observatorio para la CiberSociedad. La responsabilidad de las afirmaciones, opiniones y contenidos expuestos en esta sección, así como todo su mérito, recae, en este caso, en Adolfo Estalella. El Observatorio para la CiberSociedad permite la reproducción de estos contenidos siempre y cuando se cite correctamente la fuente de procedencia y el autor/-a haya sido informado de ello y lo haya aceptado previamente y de modo expreso.

(c) Adolfo Estalella, 19/05/2006