Crónica das batallas do/no Ciberespazo
Autor/-a: Fernando Garrido Ferradanes
Vieiros.com
Nos últimos meses estamos asistindo a unha intensa e silenciosa loita en diferentes frontes e de diferentes actores cun obxectivo común:
a conquista silenciosa do Ciberespazo. Neste pequeno artículo gustaríanos tirar do fío que une procesos coma a instauración e expansión do Canon por copia privada grazas á efectiva labor da SGAE, cos contidos dixitais, a "neutralidade da rede" (net neutrallity) e as novas práxes sociais derivadas do uso da rede.
Á hora de conceptualizar a rede, tense falado de varias esferas ou capas. Lessig, mestre na facultade de leis en Harvard, divide á a rede en tres capas, unha conformada polos elementos físicos da "rede" (Hardware) outra polo "Software" e por último unha capa conformada polos contidos e información que circulan a través da capa "física", en grande medida grazas á segunda capa/software.
Agora ben, en cada unha destas esferas, nos últimos meses asistimos a fortes debates que cuestionan o modelo actual.
Ao meu criterio, o caso máis preocupante é o que fai referencia á
capa "física" e ao seu uso, xa que esta era unha das frontes máis protexidas e que dende os diferentes movementos sociais considerábamos máis segura. Por unha banda, as
incendiarias declaracións dunha importante persoa no eido das telecomunicacións, Edward Whitacre en calidade de presidente de
AT&T, afirmando:
"How do you think they're going to get to customers? Through a broadband pipe. Cable companies have them. We have them. Now what they would like to do is use my pipes free, but I ain't going to let them do that because we have spent this capital and we have to have a return on it. So there's going to have to be some mechanism for these people who use these pipes to pay for the portion they're using. Why should they be allowed to use my pipes? The Internet can't be free in that sense, because we and the cable companies have made an investment and for a Google or Yahoo! or Vonage or anybody to expect to use these pipes [for] free is nuts!. Traducíndo o que quere dicer este Edward, as empresas de contidos ou de servicios empregan a infraestructura para chegar ao usuario/consumidor sen pagar aos donos das infraestructuras... e iso non pode ser. Fai uns días,
La Petite Claudine analizaba algunhas das apostas que as compañías de telecomunicacións están barallando, no camiño cara "un novo modelo de negocio para as telecomunicacións"... porque semella que no actual modelo non gañan (todos os) cartos.
Foi o propio
Tim Berners Lee, un dos pais da Rede, quen se amosou especialmente preocupado por
este tema, aínda que nunha variante "menor" do mesmo, é dicer, na xerarquización ou priorización de aplicacións cara aquelas que empregan menos amplo de banda.
En calquera dos casos, o que está en xogo é a propia esencia da rede, a súa neutralidade e a súa estructura reticular, na que diferentes actores conviven, ata o de agora, con certa "orde". ¿Cal é a importancia de estas declaracións como símbolo deste debate?¿Cal é a relevancia deste conflicto? O que está en contraposición son dúas visións ou concepcións da rede, unha baseada na infraestructura (Accesos e dispositivos) como base do desenvolvemento da Sociedade da Información e de Internet, e outra visión, a orixinaria, que sitúa o centro nos servicios e aplicacións (Contidos, en definitiva) no centro da Rede. ¿Infraestructura ou Servizos? ¿Tecnoloxía ou Sociedade? ¿Cables ou Usuarios?
Este debate sempre estivo latente, é o debate sobre o determinismo tecnolóxico fronte á apropiación social da rede. A novidade é que por primeira vez, dende a Industria das Telecomunicacións se fan movementos para Regular a arquitectura da rede nun senso que os favorezca de xeito claro. Houbo mesmo quen xa lle atopou un equivalente na sociedade industrial na figura da regulación das relacións laborais... non sei a vos, pero a mín esta imaxe ponme os pelos de punta.
Por outra banda, na
capa formada polo software, a loita data xa de ben atrás e é, creo, de todos coñecida. Xa nos acostumamos a ver como os gobernos apostan polo Software de código aberto e como priorizan estas liñas nos seus concursos. Aquí en Galiza son polémicas as primeiras apostas da Consellería de Industria co lanzamento de
mancomun, por exemplo. Mais o activismo e a especial dinamicidade do colectivo "Open Source", semellan garantir unha progresiva reapropiación do espazo ate o de agora en mans do software pechado.
Hai unha última capa que está conformada polos contidos que circulan na rede empregando as capas anteriores, algo que adoita chamarse "
Contidos Dixitais". É neste eido onde a polémica polo "modelo de negocio" (prezo, distribución, xestión, etc) dos contidos dixitais confronta a determinados sectores da producción e xestión do contido cos usuarios dos mesmos. No caso do estado español é a SGAE quen, con un polémico canon e unha política de acoso a todo aquel que se mova sen o seu permiso (sen pagarlle, evidentemente), protagoniza un modelo xestión industrial e caciquil.
Recentemente, a comisión asesora en materia de Sociedade da Información do Ministerio de Industria emitiu un dictamen co título "
Avaliación crítica da proposta de dereito a compensación por copia privada (canon) no marco do proxecto de reforma da Lei de Propiedade Intelectual". Esta comisión está formada por xentes como
Manuel Castells,
Emilio Ontiveros, Cecilia Castaño ou
Jesús Banegas, entre outros... que non son precisamente os "ramoncines" da academia e da industria académica. A conclusión á que chegaban era algo tal que:
A imposición dun canon aos elementos que interveñen no desenvolvemento da Sociedade da Información (equipos, soportes ou redes de comunicacións electrónicas), representa unha carga económica e fiscal inxusta e indiscriminada, que encarece a adquisición do produto ou o uso das redes e tradúcese nunha maior dificultade do usuario para acceder aos mesmos. Esa dificultade frea e atrasa o desenvolvemento da Sociedade da Información (...)
Deste xeito, esta comisión asesora verbalizaba e sintetizaba un discurso e uns argumentos que dende diferentes plataformas cívicas e culturais se leva bastante tempo predicando. Non é de recibo cobrar un imposto revolucionario/reaccionario aos soportes físicos (CDs, DVDs, etc)... xa que non todos empregamos estes soportes para copiar contidos dixitais quebrantando (Supostamente, moi supostamente) a lei. Pero, bueno, a mín isto preocúpame pouco máis que o simbólico. Como usuario especialmente activo de Contidos Dixitais, xa non emprego CDs ou DVDs para almacenar arquivos... e coido que non son o único... e a SGAE, así como a "industria", sábeo.
O incremento na velocidade da conexión a Internet así como o incremento das capacidades dos soportes de almaceamento de información (Disco Duro) facilita a extensión dunha práctica: o consumo de contidos dixitais sen que estes pasen a través de soportes físicos (DVD ou CD). É por isto que a SGAE tenta por tódolos medios (e de feito consegue de forma parcial) incluir un "canon compensatorio" tanto nos soportes de almaceamento (Disco Duro, por exemplo) coma nas canles de distribución dos contidos (as conexións de acceso a Internet). O de matar moscas a cañonazos tal vez non sexa a metáfora máis axeitada, pero sí que están tentando poñerlle unhas cancelas á veiga, sen darse conta que a súa lóxica de xestión, simplemente, non serve. Eu non quero entrar en discusión sobre si é ou non lexítimo ese canon e esa forma de compensación, porque isto é algo subxectivo, creo. A cuestión vai mais alá, o canon sobre CD/DVD/HDVD deixará pronto de ser algo que reporte ingresos xa que o camiño vai cara a ubicuidade e cara o acceso directo aos contidos dixitais, de ahí que os esforzos tiren cara as conexións.
A distribución de contidos está sufrindo importantes mutacións, e dende diferentes esferas estase a estudar a súa evolución. En cada un dos principais centros de análise tecnolóxico do estado comezan a xurdir documentos de certa calidade sobre este proceso. Red.es, vencellada ao Ministerio de Industria, ven de publicar un estudo sobre
Contenidos Digitales. Nuevos modelos de distribución on line, realizado polo GAPTEL, ao tempo que o GRETEL publicaba
La explotación de los contenidos audiovisuales en la transición a los nuevos medios digitales, sabemos que ENTER ten un proxecto de
Contidos en Internet e a Fundación France Telecom ven de publicar
Ocio Digital: el rey de los contenidos. Este interese non é gratuíto, máis ben tódos os informes van cara a mesma conclusión:
a clave ou/e a chave para os próximos pasos en materia de Sociedade da Información está nos contidos dixitais. Por iso son tan intensas as acometidas dende determinados sectores da
industria... e por iso é mais preciso que nunca que dende a sociedade civil, dende os colectivos, dende os movementos sociais se estuden e apliquen formas alternativas de xestión, como as que defende(mos) Creative Commons ou derivadas como Colorious.
Xa non sei como, posiblemente a través dunha bitácora, cheguei a un fermoso dominio aínda en construcción... pero que ten un fermoso nome:
Fundación Copyleft,que promete tornar nun novo espazo, unha nova ferramenta para defender o coñecemento aberto.
Net Neutrality, Canon, Software Privativo, "piratería", conforman unha fronte común que pretende quebrar a lóxica da rede, cara unha visión pechada e mercantilista da mesma. Faise preciso deterse, pensar, argumentar e actuar para manter a rede como un espazo aberto á creatividade, á participación e demáis fermosas palabras que seguro que todos e todas estades acostumados a escoitar.
Podes ampliar información nos seguintes lugares:
Net Neutrality y el Futuro de Internet. Nota de opinión de Enter - Instituto de Empresa.
Wealth of Networks, libro de Yochai Benkler.
La conquista Silenciosa del Ciberespacio y Aprender la Libertad, dos libros de Ariel Vercelli.
Net Neutrality, entrada na Wikipedia.
Internet: ¿hacia un futuro de pago y bajo control? . Artículo de Marta Peirano.
Ocio Digital: el rey de los contenidos. Nota de Análisis de la Fundación FranceTelecom.

Los artículos publicados en la sección Divulgación OCS son una contribución colaborativa voluntaria al Observatorio para la CiberSociedad. La responsabilidad de las afirmaciones, opiniones y contenidos expuestos en esta sección, así como todo su mérito, recae, en este caso, en Fernando Garrido Ferradanes. El Observatorio para la CiberSociedad permite la reproducción de estos contenidos siempre y cuando se cite correctamente la fuente de procedencia y el autor/-a haya sido informado de ello y lo haya aceptado previamente y de modo expreso.
(c) Fernando Garrido Ferradanes, 09/06/2006