Estás en...




RECURSOS OCS

El conjunto de recursos documentales y referenciales del OCS están siendo catalogados y organizados en una base de datos de carácter abierto y de construcción pública dentro del proyecto de Comunidad Digital de Conocimiento del OCS. De momento, los listados siguen siendo estáticos, mientras seguimos trabajando.

Divulgación OCS

[publicar nuevo artículo]
[ver lista de artículos]


RedIRIS recorta servicios ós seus usuarios trala entrada en Red.es

Autor/-a: Álex Fernández Muerza


IBLNEWS


Imprimir este artículo

Álex Fernández Muerza
[perfil] · [e-mail] · [home]

Artículo mostrado 29 veces

Datos a partir del 03.03.2004. Artículo en el OCS desde el 11/03/2004



A decisión de incorporar RedIRIS, a rede académica e de investigación española, á entidade pública empresarial(EPE) Red.es, está afectando á prestación de certos servicios ó entorno científico e investigador, e incluso podería implicar restriccións entre os membros do seu cadro.


RedIRIS, patrocinada polo Plan Nacional de I+D e xestionada polo Consello Superior de Investigacións Científicas CSIC dende xaneiro de 1994, aínda que unicamente a nivel funcional (contratos, mantementos, beneficios sociais, etcétera), intégrase en xaneiro de 2004 como departamento no seno de Red.es.

RedIRIS ofrece servicios de comunicacións e a súa infraestructura tecnolóxica a unhas 300 universidades, institucións ou centros de investigación afiliadas de todo o Estado, o que supón uns 500.000 usuarios.

Red.es, adscrita ó Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía (MCYT, está moi enfocada á difusión de tecnoloxías á sociedade, sendo responsable, por exemplo dos Plans Nacionais de InfoXXI e España.es, polo que RedIRIS elle de especial utilidade en dúas áreas tecnolóxicas principais: Por un lado, a infraestructura de rede de RedIRIS, conectada con tódalas redes científicas europeas e mundiais. Por outro lado, o know how que RedIRIS foi atesourando en aspectos como a seguridade, o spam, os virus, ou en tecnoloxías como IPv6, streaming, videoconferencia, Grid...etc.

Nembargantes, segundo a información distribuída nas listas de RedIRIS, a formación de redes temáticas científicas para fomentar o traballo colaborativo na rede e a creación de contidos científicos de calidade na rede son algunhas das iniciativas que poden quedar máis tocadas, cando por contra, o VI Programa Marco da UE ás está fomentando.

Neste senso, as primeiras consecuencias deste cambio de rumbo xa se están comezando a notar, como o cese progresivo de servicios de contido dinámico web (baseado en PHP) e de xestión de datos, xa sexan por medio de bases de datos MySQL ou o mantemento de directorios LDAP.

Deste xeito, ós responsables de RedIRIS apuntan ó 26 de abril como data tope para que os seus usuarios migren os seus contidos cara a nova infraestructura, o que conleva na práctica a estas iniciativas ou ben a sitúase en outros entornos públicos -algo difícil pola escasa marxe de tempo dispoñible e para disciplinas científicas ou campos de especialidade pouco comerciais-, ou ben a contratar servicios de aloxamento privados.

Se a implementación da nova infraestructura implica o traslado de direccións na rede, como o caso de servidores Web e os correspondentes URL das súas páxinas, os responsables de RedIRIS comprométense a incluír unha redirección ata o 26 de outubro que apunte ó novo nome do servidor.

Evidentemente, as queixas dos usuarios de RedIRIS non se fixo agardar. Por tomar un exemplo, un dos perxudicados por esta decisión é o Observatorio para a Cibersociedade (OCS), cuxa última gran actividade, un congreso electrónico sobre as dimensións sociais de Internet e do Ciberespacio, reuniu a máis de 700 persoas de todo o mundo de fala hispánica e para o que xa están organizando unha segunda edición.

Segundo o coordinador do OCS, Joan Mayans: tendo en conta o pobre estado da investigación científica no Estado Español, da implicación real das TIC a nivel docente e universitario, e en tempos de auxe da linguaxe de código aberto e de espacios web dinámicos e colaborativos, RedIRIS elimina estes servicios, que de feito, non fai nin un ano que os puxo en marcha. É evidente que politicamente son moito máis visibles e rendables programas (moitísimo mais custosos) onde se asegura que se dotará tódolos profesores dun ordenador portátil. Nembargantes, as máquinas, sen contido e sen redes de contido, son inútiles.

Polo tanto, segundo Mayáns, a continuidade de iniciativas como a do OCS semellan estar en perigo, polo menos en RedIRIS: Agora, terase que buscar amparo nalgunha outra institución ou recorrer a un provedor privado para un proxecto de carácter académico e divulgativo avanzado. Non se trata, evidentemente, do custo económico que supón pasarse a unha empresa de aloxamento web privado, senón que haberá iniciativas neste estado embrionario que non chegarán a existir a causa desta medida.

En canto ó persoal que traballa actualmente en RedIRIS, o MCYT anunciaba oficialmente que aqueles con condición de funcionario poderían optar por pedir unha excedencia voluntaria e integrarse en Red.es, mentres que o resto de contratados se incorporarían á plantel da entidade pública empresarial coas mesmas condicións laboráis.

Nembargantes, o cadro do Centro de Comunicacións de RedIRIS, composta por uns 20 traballadores, conta con un contrato laboral con cargo a Servicios a un Proxecto, posto que RedIRIS era un Proxecto dende 1988. Este feito, xunto ás restriccións laborais do CSIC e o abandono do MCYT, impediu o seu crecemento , situación que podería agravarse aínda máis trala súa incorporación baixo as condicións de Red.es

A orixe do cambio de rumbo remóntase a principios do ano 2002 a través dunha Proposta Non de Ley presentada polo Grupo Socialista na Comisión de Ciencia e Tecnoloxía do Congreso dos Deputados. Dita proposta basicamente propuña unha avaliación do actual modelo do Centro de Comunicacións CSIC/RedIRIS para que evolucionara deica un modelo máis dinámico acorde con outras redes científicas europeas.

Finalmente, o MCYT, tras estudiar durante tres meses o modelo a seguir, decidiu integralo en Red.es, unha sorte de empresa dependente da Secretaría da Sociedade da Información e baseada fundamentalmente en ingresos públicos nacionais e europeos, aínda que tamén en ingresos privados, a través por exemplo de rexistro de dominios punto es.

O MCYT considera que traspasar a RedIRIS do CSIC a Red.es permitirá garantir que a rede poida cumprir as súas funcións do xeito máis adecuado segundo digura na exposición de motivos da enmenda do Grupo Popular. A enmenda ó proxecto da Ley de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social engadirá ó estatuto de Red.es a función de ofrecer á comunidade académica e científica nacional unha infraestructura básica de comunicacións mediante servicios de rede e servicios de aplicación .

Para levar a cabo a incorporación de RedIRIS fíxose unha modificación nos regulamentos, de xeito que Red.es puidese ser empregada por un centro que dependía de outra Secretaría. Finalmente, RedIRIS quedou integrada en Red.es como un departamento, en principio con independencia.

 



Los artículos publicados en la sección Divulgación OCS son una contribución colaborativa voluntaria al Observatorio para la CiberSociedad. La responsabilidad de las afirmaciones, opiniones y contenidos expuestos en esta sección, así como todo su mérito, recae, en este caso, en Álex Fernández Muerza. El Observatorio para la CiberSociedad permite la reproducción de estos contenidos siempre y cuando se cite correctamente la fuente de procedencia y el autor/-a haya sido informado de ello y lo haya aceptado previamente y de modo expreso.

(c) Álex Fernández Muerza, 11/03/2004

^    © Observatorio para la CiberSociedad     <