Citilab - Cornellà
Observatorio para la CiberSociedad
Espacio para la reflexión, el análisis y el debate sobre
el ciberespacio desde las ciencias humanas y sociales

Reseñas OCS

[publicar una nueva reseña]
[ver lista de reseñas]


VVAA, 2008, O Prometeo Dixital.
-

Autor/-a de la reseña: Fernando Garrido Ferradanes



Jarque, JM & Almirón, N (2008) El mito digital. Ed Anthropos.
Sadaba, I & Gordo, A (2008) Cultura digital y movimientos sociales. Ed Catarata.
Mattelart, A (2009)Un mundo vigilado. Ed Paidós.


Na tecnoloxía tamén (ou sobre todo) hai discursos hexemónicos. Estes discursos van sempre da man do “progreso” ou do “cambio”, sustentándose nunha certa falta de control e resaltando a nula posibilidade para evitalos. Ás máis das veces, nesta sección en Protexta apuntamos a referencias para comprender o momento de cambio social actual e as súas implicacións no futuro máis inmediato. Neste caso queremos sinalar aos discursos que están lonxe da “tendencia” ou da “novidade”. Queremos invitar ao lector a frear os bois, a deterse e achegarse aos discusos máis críticos coa Sociedade da Información, coa revolución tecnolóxica e (sobre todo) coas suas consecuencias para a cidadanía.

Unha primeira proposta parte de Almirón e Jarque, actuando como unha enmenda á totalidade aos discursos hexemónicos ante a tecnoloxía. Esta obra supón unha excelente proposta, de corte académico, para contextualizar e contrastar outros enfoques ou visións que teñen unha maior visibilidade. Segundo os autores, o discurso dixitalista convírtese en míto e impregna tódolos eidos do social. O mito de Prometeo (que rouba o lume aos deuses para entregarllo aos homes) serve como punto de partida para a interpretación do mito dixital. Así, a entrega deste lume (desta tecnoloxía) aos homes implica dotalos daquel instrumento que lles permitirá tamén liberarse do seu destino: ¿non é esta unha promesa constante da Sociedade da Información ou das Tecnoloxías?

Entender como xurde esta visión de carácter mitíco e como, pouco a pouco, se imbrica e se impón como “pensamento único” é o obxectivo desta obra. Para isto, é preciso identificar e comprender cada un dos actores: os narradores do mito, o papel da investigación académica (e, por extensión, da universidade) así como do Xornalismo, tres temas abordados neste ensaio.
Tras esta aproximación máis xenérica é preciso achegarnos a temáticas máis concretas. Sádaba e Gordo coordinan un volume que recolle este espíritu nunha obra colectiva que logra superar os principais problemas deste tipo de libros: a falta de interese dos autores, a irrelevancia das temáticas e a carencia da innovación nas propostas. Partindo da anulación do “asepcismo e neutralidade” da tecnoloxía, téntase comprender o impacto do técnico no social e no político. Na tecnoloxía existe un ámbito político que é preciso visibilizar.

Os principais “hot topics” do tecnolóxico trátanse nesta obra pero cun elemento de marcada diferenciación: esta “perpectiva crítica” que deixa de lado a mitoloxía da tecnología e do determinismo tecnolóxico. Así, os autores analizan os principais exemplos que amosan como o técnico se redefine de xeito permanente dende os ámbitos local e colectivo. Os muiños mailo seu equivalente actual: as páxinas de contactos persoais como referentes de relacións tecnosexuais (cibersexo); a web 2.0 como paradigma de construción mediática dun concepto cargado de intención; o automóvil; o impacto das tecnoloxías nos movementos sociais ou a ciberpolítica son algúns dos temas abordados.

Unha das “renuncias” ou perdas que, como sociedade, estamos permitindo é a nosa intimidade. Cedemos en prol do control por todo tipo de “autoridades”. Seguro que coñeces a parábola da rá: cando chimpa en auga fervendo rápidamente salta fora de esa charca. Porén, se esta rá cae nun auga que incrementa a súa temperatura de forma moi paseniña, acabará morrendo cocida sen decatarse. Os cambios leves son menos perceptibles, aínda que sexan constantes no tempo. Isto é o que sucede co “control” e coa “vixilancia”. Apoiandose en situación excepcionais (como foron os atentados do 11 de Setembro ou o 11 de Marzo) implementaronse medidas de control que, cando as situacións que os lexitimaron desaparecen, non se revocan.

Armand Mattelart, un analista cunha recoñecida traxectoria no eido da comunicación ou do análise do cambio social, realiza unha sorte de Xenealoxía da Vixilancia e do Control. Unha análise imprescindible para decatarnos de que realmente a nosa charca está moi quente, para decatarnos da cantidade de dereitos e presuncións que perdemos en moi pouco tempo. Entender cales son os mecanismos empregados polo poder para introducir, xustificar e (ate) lexitimar perdas na liberdade dos cidadáns é o leiv motif de esta obra.

Tres obras imprescindíbeis no momento actual, tanto polo contexto máis local, como polo global. Visibilizar un discurso crítico é, hoxe e sempre, unha tarefa necesaria como cidadáns e como sociedade.