ES / EN
Blog

Difundir las TIC en la época 2.0: nuevos formatos, nuevos interrogantes y nuevas perspectivas

Jornada de reflexión, debate y networking
Citilab-Cornellà, 25 Enero 2008




[Presentación]
[Introducción]
[Programa]
[Información básica]

[català] · [español] · [galego]

Presentación

Dende fai xa tempo está claro que a revolución social que impulsan as TIC ten na chamada fenda dixital un dos os seus lastres máis pesados e importantes. Un uso amplo e creativo das TIC semella asegurar melloras no rendemento laboral e na produtividade económica, unha contrastada intensificación das redes sociais e unha valiosa diversificación das fontes de información e, polo tanto, de coñecemento e construción de criterios propios entre a cidadanía. Mentres tanto, unha porcentaxe moi elevada da poboación segue ignorando o fenómeno Internet ou, como moito, facendo un uso extremadamente limitado e instrumental en comparación ao que se podería cualificar como participantes proactivos da internet social, tamén chamada web 2.0.


Tras varios anos de proxectos e accións institucionais e privadas de difusión de distinta índole, e en varios formatos, que maioritariamente tiveron a misión de presentar e/ou de evanxelizar sobre a chegada e beneficio das TIC, exponse a necesidade dun replantexamento da lóxica e dos mecanismos para seguir alimentando a promoción do uso das TIC entre os diversos sectores da poboación.


A través desta convocatoria, proponse unha actividade polifacética, que ao mesmo tempo que serva para difundir as TIC, sexa útil asemade como espazo de metareflexión sobre cuestións como:

  • as formas e obxectivos precisos para realizar esa difusión,
  • identificar os axentes sociais máis efectivos á hora de levala a cabo,
  • coñecer cales son os formatos e os recursos máis axeitados para facela,
  • cales son as mensaxes e modelos de atracción concretos que poden funcionar mellor,
  • se varían estes axentes, formatos ou recursos en función do colectivo ao que dirixirse,
  • cales son estes colectivos, e entre eles, cales os máis prioritarios



Acceso al programa completo










ORGANIZAN

Observatorio para la CiberSociedad
Observatorio para la CiberSociedad


Citilab-Cornellà
Citilab-Cornellà