IV Congreso da CiberSociedade 2009. Crise analóxica, futuro dixital

Criterios técnico-políticos

Un evento como o Congreso da Cibersociedade supón escoller unha serie de Opcións Socio-Técnicas que determinarán o seu funcionamento así coma o seu impacto. A elección das tecnoloxías que empregamos ou o tratamento que facemos das tecnoloxías que desenrolamos nunca é neutral. Se non analizamos criticamente as opcións para elixir, estamos a tomar unha posición que pode ser froito da pasividade ou de deixarse levar polas correntes; esta posición non-consciente tamén pode ter o seu impacto social e ata político.

A organización do Congreso ten unha responsabilidade que debe afrontar. A continuación exponse o seu posicionamento inspirado nuns criterios mínimos de neutralidade (intentar que ninguén quede excluído) pero empuxando a balanza cara as tecnoloxías libres e aos proxectos abertos co obxeto de impulsalos dende o Congreso, e que este se vexa á súa vez reforzado pola súa implicación con eles.

A. Sobre as tecnoloxías para SEGUIR o Congreso.

As tecnoloxías (ou sistemas socio-técnicos) para seguir o Congreso:

(a.1) - Serán (principalmente) de base web.

(a.2) -Teranse que poder utilizar dende un navegador que cumpra os estándares W3C e que funcione no máximo número de sistemas operativos e plataformas. Tómase Firefox como navegador de referenza.

(a.3) - Farase un esforzo para poder utilizar diferentes navegadores, así coma as súas versións (IExplorer, Opera, Safari, Konkeror, ?), e dispositivos de acceso.

(a.4) Os dispositivos teranse que poder utilizar dende diferentes sistemas operativos (Linux, Windows, MacOS, etc...) Non se usará ningunha tecnoloxía que non se poida empregar nun sistema operativo libre.

(a.5) - Preferentemente serán tecnoloxías cunha licenza libre. Entre dúas opcións semellantes, optarase pola que sexa libre. Se hai que empregar algunha tecnoloxía propietaria terá que cumprir con (a.2), (a.3) e (a.4).

B. Sobre as tecnoloxías COMPLEMENTARIAS á web do Congreso.
Sobre os sistemas web ou servizos 2.0 que se empreguen ou se poidan "conectar" ao funcionamento do Congreso:

(b.1) - Non haberá ningún sistema ou servizo imprescindible ou importante para o seguimento do Congreso que non se poida utilizar sobre o navegador de referenza (ver a.2) e/ou que non se poida utilizar nun sistema operativo libre. Unha persoa que traballe só con tecnoloxías libres non pode ter unha calidade e oportunidades de participación inferiores a unha persoa que non o faga.

(b.2) - Faise unha distinción entre sistemas ou servizos corporativos e os impulsados/mantidos por organizacións sen ánimo de lucro. Faise tamén unha diferenza entre sistemas ou servizos baseados en tecnoloxías libres e dispoñibles para ser modificadas, respecto de servizos que empregan tecnoloxías de fonte pechada. Valóranse positivamente os sistemas ou servizos inscritos en proxectos de carácter aberto con mecanismos de participación. Tómase unha actitude crítica e coidarase a precaución respecto dos sistemas ou servizos en mans de corporacións que teñen unha posición dominante, de monopolio ou oligopolio, que acumulan poder no canto de distribuílo e/ou que teñen un historial de malas prácticas.

(b.3) - Teranse en conta as "condicións de uso" dos servizos ou dos sistemas a empregar. Descartaranse os que supoñan unhas condicións abusivas ou eticamente reprobables.

(b.4) - Unha participación plena no Congreso non pode supoñer ter que empregar un sistema ou servizo corporativo.

(b.5) -Intentarase dar a posibilidade aos congresistas de "conectar" á actividade do Congreso calquera sistema ou servizo que empreguen a cotío, sempre que non se incumpran os puntos anteriores (un sistema ou servizo pode incumprilos pero pode non ser imprescindible para un bo seguimento do Congreso, e unha persoa que o empregue non pode ter unha posición de ven taxa respecto de alguén que non o faga)

C. Sobre a atención PREFERENTE a tecnoloxías libres e abertas. O Congreso e a súa organización promoverá e intentará apoiar o uso entre os congresistas:

(c.1) - De tecnoloxías libres.

(c.2) - De sistemas e servizos promovidos e mantidos por organizacións sen ánimo de lucro, baseados en proxectos abertos e en tecnoloxías libres.

D. Sobre a PUBLICIDADE e discusión destes principios. Estes principios:

(d.1) - Faranse públicos.

(d.2) - Abriranse canles de discusión específicos para que os congresistas os poidan comentar, consulten dúbidas ou se axuden mutuamente sobre as tecnoloxías que poden empregar.

(d.3) - Abrirase un grupo de traballo para propoñer, buscar e discutir alternativas.